Home » coruna » Currently Reading:

O concelleiro de Emprego salienta que “ao igual que a veciñanza, este goberno quere un centro de saúde para a zona centro, que non está contemplado nos orzamentos da Xunta”

noviembre 21, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, avanzou este luns que o goberno local prevé investir máis de 4 millóns de euros en dúas anualidades para a renovación e rehabilitación do mercado de Santa Lucía, “un proxecto que, segundo a proposta presentada no seu día polo goberno local á Xunta, prevía a compatibilidade entre o mercado e un novo centro de saúde, algo que foi rexeitado pola administración autonómica sen ningún argumento técnico”. “Para este goberno local, a prioridade, como tamén demanda a veciñanza, é ter aí un centro sanitario contiguo ao mercado, un á beira do outro”, reivindicou,ávezqueemprazouáXuntaaaceptaraproposta,parapoderseguiradiante.

“Aínda estamos a tempo de chegar a unha solución, e desde A Coruña temos toda a vontade de ter nese edificio os dous usos, o que falta é que a Xunta se pronuncie dunha vez e, en caso de dar unha negativa, o faga con argumentos técnicos que expliquen por que un centro de saúde en vertical non vale para Santa Lucía, cando na cidade temos varios exemplos”, advertiu o responsable municipal, que sinalou que o Concello quere acometer no menor prazo posible esta obra. “Estamos en fase de anteproxecto, polo que estamos a tempo de incluír todas as modificacións e axustes necesarios para a funcionalidade, pero hai que pasar ao proxecto, e polo tanto xogamos cunha limitación de tempos, porque non podemos iniciar as obras sen ter o proxecto, cos usos e a funcionalidade definidos”, urxiu á Xunta.

O titular de Emprego recordou que, no que atinxe á remodelación do histórico edificio de Santa Lucía, “o uso de mercados, por suposto, está totalmente garantido”. “O que queremos facer é adaptar esta oferta aos novos tempos e ás nosas necesidades. Os usos que convivan co mercado son os que aínda están por definir, á espera da Xunta”, dixo. “Dende logo, a nosa prioridade é ter nese espazo un centro de saúde”, insistiu. “O goberno galego debe contestar dunha vez, xa que esta é unha reivindicación que non só parte do Concello, senón da propia veciñanza. Non queremos que, unha vez máis, se evidencie a vontade da Xunta de non facilitar ningunha iniciativa que proceda desta administración local”, apuntou. “Estamos chegando ao final do prazo, é necesario deixar pechado o proxecto para poder iniciar as obras. Esperemos que non prive á cidadanía dun espazo tan necesario e simbólico”, dixo.

As emendas do goberno local ao proxecto orzamentario da Xunta de Galicia para 2018, e que veñen de ser remitidas tanto á Xunta de Galicia como aos grupos que conforman o Parlamento galego, xa inciden na necesidade de reservar fondos para a localización do centro de saúde en Santa Lucía. “A Xunta, malia a comprometer, ano tras ano, a construción do demandado centro de saúde na zona centro, non inclúe ningunha partida específica para a súa construción”, indicou Lema. “É bastante significativo e, dende logo, alarmante que o goberno galego non recolla no seu proxecto de contas este investimento aínda a pesar de que o Concello puxo a disposición da Xunta tanto un espazo suficiente no mercado de Santa Lucía, onde prevé levar a cabo unha ambiciosa obra de mellora e rehabilitación, como outra parcela no Paseo das Pontes, por se o Goberno autonómico decide finalmente rexeitar a primeira opción”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...