Home » coruna » Currently Reading:

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, reuniuse esta mañá en María Pita co comité de empresa da Compañía de Tranvías de cara a dar resposta ás súas inquedanzas ante a futura licitación do contrato de transporte urbano da Coruña. O edil insistiu en que “garantir a seguridade xurídica dos e das traballadoras é unha prioridade”, motivo polo cal o Goberno local asinou coa representación do cadro de persoal un documento no que se compromete a constituír unha mesa de traballo no marco do proceso de preparación do novo contrato e con anterioridade á redacción dos pregos do mesmo. “Isto facilitará o diálogo social con respecto ás condicións laborais dos e das empregadas”, explicou o edil, que insistiu en que, como en calquera proceso licitador por parte do Concello da Coruña, “garantiremos a non precarización e a salvagarda das condicións laborais e salariais adquiridas, incorporando nos pregos de contratación cláusulas sociais supervisadas pola asesoría xurídica municipal”. Como recordou, a proposta da creación deste novo órgano partiu do propio executivo municipal. “As cláusulas sociais servirán para asegurarnos que a empresa contratista contará co cadro de persoal necesario para o desempeño do seu traballo, sendo o número mínimo de empregados e empregadas o que está previsto no actual contrato”, comentou, á vez que aludiu ao principio de subrogación contido no acordo marco estatal sobre materia do transporte de viaxeiros e viaxeiras 1 Nota de Prensa por estrada. “Ao mesmo tempo, tamén traballaremos para que se respecten e manteán as condicións máis beneficiosas adquiridas no contrato actual polo cadro de persoal nos procesos de negociación do convenio colectivo”, dixo o concelleiro. Todos e todas as traballadoras que teñan dereito a subrogación deberán ser contratados durante todo o período de vixencia do novo contrato.

enero 20, 2018 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou esta semana as obras de reurbanización que o goberno local iniciou o pasado mes de outubro na rúa Montiño, co obxectivo de mellorar a seguridade peonil e revitalizar o espazo público do Castrillón, e dar así cumpremento a unha reivindicación histórica da veciñanza. “A actuación en Montiño é un exemplo das intervencións que este executivo municipal está a realizar na súa a posta por transformar os barrios. A rúa é estratéxica no desenvolvemento dun barrio que conta cunha importante poboación de persoas maiores. Con esta serie de intervencións, que inclúen a ampliación das beirarrúas, a mellora dos pasos peonís ou o cruzamento coa Rolda de Outeiro, O Castrillón gañará en seguridade, accesibilidade e, sobre todo, en calidade do espazo público e da ¡ vida da cidadanía”, aseverou o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, que acompañou ao rexedor na visita. A rúa, que vertebrou o crecemento orixinario entre A Gaiteira e O Castrillón, “é unha vía fundamental de comunicación que conecta estes barrios, así como coa zona dos Castros a través da propia rúa da Mercede”, apuntou Varela, quen sinalou que as actuacións levadas a cabo polo executivo municipal tamén resolven os problemas de recollida de pluviais que sofría a vía, derivados da súa pendente.

Os traballos, nos que o executivo municipal investiu 161.754,01 euros e que están a piques de rematar, consistiron “na transformación completa da rúa, que contaba cun ancho insuficiente para a segregación de peóns e automóbiles, cara a creación dunha plataforma única, con calzada e beirarrúa ao mesmo nivel e que, agora si, mellora a accesibilidade”, subliñou Varela. Ademais, “e por petición da asociación veciñal”, a vía pasará de contar cun dobre sentido para a circulación do tráfico rodado, para ter único de sentido de baixada, que conecta coa rolda de Outeiro e a rúa da Mercede, xunto á que se situaron dous novos pasos peonís. Para a condución, a apertura dun paso na mediana da rolda de Outeiro “ampliará o abano de traxectos posibles á saída de Montiño”, indicou o responsable municipal. A reurbanización da vía supuxo a execución da calzada con pavimento de formigón, a solución de maior calidade e durabilidade para o tránsito de automóbiles, mentres que o espazo peonil está delimitado por un bordo de granito, para favocerer e garantir a calidade do espazo público. Nos últimos días o goberno local procedeu á colocación de bolardos, bancos e o resto do mobiliario urbano, así como a instalación da sinalización horizontal e vertical.

Outro dos aspectos salientables da reurbanización de Montiño é, en palabras do concelleiro, a renovación e reorganización do paso peonil pola rolda de Outeiro, que conecta a rúa con José González Chas e A Mercede. Nas tres vías a área de Rexeneración Urbana procedeu á renovación do pavimento –tanto nas beirarrúas como nas calzadas– e duplicou o paso peonil existente, para contar cunha embocadura directa da rúa Mercede. Esta medida acurtará o cruce, “o que suporá unha mellora da visibilidade tanto para o tránsito peonil, como para as persoas condutoras”, apuntou.

Renovación de canalizacións

Os traballos, tal e como sinalou Xiao Varela, tamén supuxeron a execución dunha rede separativa de pluviais, cos sumidorios para a recollida de augas dispostos no eixo da calzada, “na liña máis distante do tránsito peonil, que é tamén a posición máis axeitada nas solucións de plataforma única”. Instaláronse novas canalizacións municipais, entre elas a do alumeado público, e renovouse a rede de fecais, que conectará coa renovada meses atrás na rúa Castrillón. Ambas aumentaron o diámetro das conducións para ampliar a súa capacidade.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...