Home » coruna » Currently Reading:

O concelleiro de Rexeneración Urbana dá conta das 202 actuacións executadas nos barrios da cidade, “obras de baixo custo e alto impacto que redundan na mellora do espazo público”

noviembre 18, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, fixo balance das principais actuacións desenvolvidas desde a súa área en materia de obras, “un total de 202 actuacións de baixo custo e alto impacto que se reparten por todos os barrios para cubrir necesidades históricas da cidade” e que responden, segundo indicou, á filosofía dos coidados urbanos, de cara a rexenerar e mellorar a calidade do espazo público. “Non se trata do importe das intervencións, que as hai de todo tipo, senón da súa relevancia e repercusión para a cidade”, incidiu, poñendo como exemplo a máis cuantiosa das efectuadas, as obras de mellora da accesibilidade e instalacións do Coliseum, por un importe de 939.100 euros, e a de menor contía, como é a rehabilitación do monumento ás persoas fusiladas no Campo da Rata, 1.684 euros, unha intervención necesaria para manter o alto valor dunha peza da colección artística municipal e clave na recuperación da memoria histórica na cidade,“que taméneramoidemandadanopropiobarrio”.

Todas elas se recollen nun documento informativo que o Concello está empezando a distribuír entre as asociacións e entidades, e que chegarán tamén aos centros cívicos, para render contas do traballo desenvolvido por esta área municipal desde o inicio do mandato e informar, segundo apuntou Varela, “dun labor que en moitas ocasións é pouco coñecido, pero que está a ter impacto en todos os barrios da cidade e no que o Concello está a poñer todo o seu esforzo, para reequilibrar esas diferenzas histórica entre o centro e a periferia”. Dese total de actuacións, 54 teñen que ver con obras de accesibilidade universal, entre elas as a renovación de beirarrúas como a do Palomar, Gil Vicente ou a Urbanización Breogán, a reurbanización da rúa Monte das Moas, Vila de Negreira ou a ampliación das beirarrúas de Capitán Juan Varela, Mendaña de Neyra. Outras 53 obras correspóndense con melloras na rede de saneamento e 51 máis, en edificación e vivenda, onde se inclúen as obras de reparación no polideportivo da Sagrada Familia ou do CEIP Emilia Pardo Bazán e a substitución da cuberta do CEIP María Barbeito, arranxos nas vivendas municipal do grupo do Carme ou a rehabilitación da piscina de Riazor. A todas elas súmanse outras 44 intervencións de distinta índole, que abranguen, desde as áreas infantís do Campanario, Matogrande ou o CEIP Ramón de la Sagra, obras no cemiterio municipal de San Amaro, a execución de dúas glorietas no polígono de Agrela ou melloras de distintos aparcadoiros, entre outras. En total, a concellería investiu nestas obras un total de 11 millón de euros, dos que 3,5 millóns son relativas a edificación e vivenda, ademais de 2,8 millóns en traballos de mellora da accesibilidade e 2,4 millóns para a mellora da rede de saneamento.

Xunto a elas, o concelleiro anticipou esta mañá algúns dos traballos que o Concello acometerá nos vindeiros meses, entre os que se conta a reurbanización e reforma da zona infantil da praza de San Pablo, que está xa adxudicada e se iniciará “tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan”, para renovar e ampliar a zona infantil e as canchas deportivas, e que completan o traballo de mantemento feito nos últimos meses na zona. Do mesmo xeito, as obras para o itinerario de conexión accesible entre Mestre Clavé e a rúa José Cornide, a través de Juan Flórez, “unha obra que exemplifica perfectamente esa filosofía de obras de baixo custo e alto impacto, e que ten moita relevancia na zona da Falperra, porque vai servir para dar continuidade e facer máis útiles ás escaleiras mecánicas de Mestre Clavé cara a José Cornide e Fernández Latorre”, e que se iniciará, avanzou, en xaneiro do ano que vén. “Os percorridos peoniles son algo que nos preocupa moito, por iso buscamos xeitos de facilitar que os barrios sexan accesibles para o peón e a bicicleta, dando opcións alternativas ao vehículo privado, como estamos a facer neste punto”, subliñou o responsable municipal.

De igual xeito, Varela falou das actuacións que se están a desenvolver na actualidade, como son, entre outras, o acondicionamento e mellora da zona infantil da praza Isaac Díaz Pardo, que están a piques de rematarse e se abrirá nos próximos días, os traballos de reparación da beirarrúa e accesibilidade en Sir Archer Milton Huntington, a renovación e rehabilitación de firmes da rolda de Outeiro, a mellora da rúa Montiño, a mellora na pavimentación da rúa Xoan XXIII, dentro do plan de revitalización da contorna de San Agustín, ou os traballos para a execución do carril bici na avenida de Pablo Picasso, iniciados esta mesma semana.

<

En canto ás obras xa desenvolvidas desde o inicio do mandato, son, como indicou, traballos que “serven para dar resposta a demandas históricas nos barrios, grazas ao diálogo e a interlocución do Concello coas entidades como son as asociacións veciñais pero tamén outros colectivos, formais e informais”. Neste sentido, recalcou tamén que o grao de resolución de incidencias, advertidas pola cidadanía, ascendeu, entre xuño de 2015 e o pasado mes de outubro, ata o 89%, coa resolución de 4.749 alertas deste tipo en beirarrúas, calzadas e pasos peonís (un 86% do total), 2.370 solucionadas relativas a mobiliario urbano (un 87% do total), 1.986 referidas a iluminación (o 99% do total de incidencias) ou 1.290 abordadas en materia de saneamento (94% do total).

Tamén, o concelleiro puxo de relevo a aposta do goberno local polo mantemento, “por ser unha ferramenta moi útil e operativa para o coidado do espazo urbano”, e que se traduce nun aumento do 29% no gasto nesta clase de actuacións desde o ano 2015, o que inclúe beirarrúas, firmes, elevadores, túneles, fontes ornamentais, alumeado público, centros de transformación, redes de saneamento e áreas infantís e intervencións en zonas biosaudables e espazos lúdicos.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...