Home » Uncategorised » Currently Reading:

O concelleiro de Rexeneración Urbana saúda que o Goberno central avale as propostas e cronograma da estratexia DUSI, “que poderemos empezar a executar cos próximos Orzamentos”

octubre 28, 2017 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, reuniuse en Madrid con altos cargos da dirección xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda para dar a coñecer e someter á súa valoración o cadro de mando que concreta os proxectos a desenvolver a través dos fondos europeos DUSI para estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado, que van supoñer para o Concello 15 millóns de euros. Como subliñou Varela ao remate da xuntanza, a proposta municipal tivo unha boa acollida, “o mesmo que a axenda financeira, que foi considerada como óptima, e o cronograma de execución trasladado desde o goberno local, un consenso que nos permitirá iniciar a investir os fondos europeos tan pronto como entren en vigor os Orzamentos municipais de 2018, co que esperamos poder comezar ao inicio de ano”. Na xuntanza, o responsable municipal deu traslado tamén do manual de procedemento proposto polo Concello, e do que se espera poder ter unha valoración do ministerio ao longo do próximo mes, “o que permitiría cumprires tesprazos”, valorou o edil, despois de destacara “boa sintonía da xuntanza”.

“Son moi boas novas, porque nos van permitir poñer en marcha decontado algunhas das liñas nas que levamos estes dous anos traballando e desenvolvendo, e que van dirixidas a políticas cruciais para este goberno, como son a mellora da accesibilidade e do espazo público, o desenvolvemento de ferramentas TIC para mellorar a mobilidade, tamén o fomento da bicicleta, a través de Bicicoruña e de novos percorridos ciclables, e outros proxectos clave como os que teñen que ver coa mellora dos mercados e a súa contorna, a mellora da eficiencia enerxética, a transparencia e a participación cidadá ou a naturalización de espazos urbanos nos barrios, dentro dese modelo de cidade que aposta pola proximidade que impulsa este goberno local”, sinala Varela, recordando que os documentos presentados hoxe ante o ministerio xa foron presentados esta semana á comisión municipal do DUSI, na que teñen participación todos os grupos da corporación local.

Intermodal

Por outra banda, o concelleiro reuniuse tamén hoxe en Madrid con ADIF, na que tamén participaron representantes da Xunta e de Correos, nunha xuntanza de carácter técnico na que seguir avanzando no proxecto para a estación intermodal de San Cristóbal, e que igualmente resultou “produtiva”. Como indica Varela, os servizos das distintas administracións están estudando o texto que contén as propostas trasladadas polo Concello en abril de este ano para pechar o acordo que permitirá a redacción do novo proxecto básico da futura terminal de buses da estación, “que esperamos que poida asinarse a semana que vén, unha vez se incorporen os últimos axustes, que atinxen a cuestións menores e non ao fondo da proposta”. “O documento que onte trasladamos á Consellería de Infraestruturas non fai senón plasmar sobre o papel as propostas que o goberno local trasladou á Xunta no mes de abril, e que podían terse incorporado xa nesa data”, observa o responsable municipal que, con todo, saúda que a Consellería de Infraestruturas acepte agora un acordo neses termos.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...