Home » coruna » Currently Reading:

O Concello abre o prazo de solicitude para participar no programa de Antenas de Información Xuvenil para o curso 2018-2019

octubre 10, 2018 coruna No Comments

O Concello pon en marcha para o curso 2018-2019 o programa de acción voluntaria Antenas de Información Xuvenil, q​ ue promove a creación dunha rede de difusión de contidos de interese para a mocidade entre os centros educativos da cidade. A iniciativa, que impulsa a Concellería de Participación e Innovación Democrática a través do departamento de Mocidade e que celebra a súa 28a edición, propón a constitución dun servizo informativo dependente do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), pero que xestiona o propio alumnado matriculado nas instalacións nas que se desenvolve o programa, que poden ser os centros educativos públicos –IES, CIFP, EOI, EASD Pablo Picasso, Conservatorio Profesional de Música– ou nos centros concertados con ESO e Bacharelato que se atopan no termo municipal.

As persoas de entre 15 e 30 anos que desexen participar no programa deberán difundir e manter actualizada a información que lles proporcionará e xestionará o CMIX. A cambio do seu labor como correspondentes, poderán contar con entradas para eventos organizados polo Concello, ademais de recibir gratuitamente os carnés vinculados á mocidade –Carné Xove ou alberguista, entre outros– así como formación específica en materia de información xuvenil.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o mércores 24 de outubro, ás 20.00 horas. Para máis información sobre o programa, pódese consultar a páxina web do propio CMIX,www.coruna.gal/cmix​, así como visitar o servizo, situado no Fórum Metropolitano, ou chamar ao teléfono 981.184.294

Comment on this Article: