Home » coruna » Currently Reading:

O Concello acomete “actuacións esenciais para acabar coas débedas históricas con Palavea”, como as obras de mellora da seguridade e a accesibilidade no núcleo tradicional

febrero 5, 2018 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e o titular de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, visitaron as obras que o Concello acomete na zona de Palavea, á vez que se reuniron coa veciñanza de zona, de cara a dar conta tanto das actuacións xa proxectadas como das que se abordarán de xeito inminente. Todas elas buscan dar resposta “as débedas históricas” con este barrio, así como incrementar de forma notable tanto a súa accesibilidade como a súa seguridade. En concreto, o edil Varela salientou a obra que se está a desenvolver no entorno do conxunto de vivendas coñecido como Castiñeiriño: “Estamos rematando unha intervención que se debería ter executado hai 20 anos e que consiste na construción dunha beirarrúa que bordee as vivendas e que xere un percorrido seguro e accesible entre Palavea Vella e as promocións residenciais levantadas nas últimas décadas”, dixo, á vez que recordou que o goberno local ten previsto seguir realizando actuacións neste núcleo histórico “de gran calado transformador e que ordenen a convivencia entre os distintos tráficos”. A obra tamén inclúe a condución de augas pluviais neste punto do barrio, actuación que continúa as accións separativas da rede de saneamento que se iniciaron xa o ano pasado, e que se prolongarán nos vindeiros meses noutros puntos do mesmo núcleo. A actuación na beirarrúa do Castiñeiriño tamén se completou coa implantación de pasos de peóns, así como en facer máis accesible un xa existente.

Por outro lado, Varela recordou que o Concello xa ten executada a parte das obras que son da súa competencia relacionadas co soterramento do cableado das vivendas de Santa Cristina, acción que forma parte do proceso de rehabilitación destes immobles. A administración local, que é responsable da execución da obra civil, aproveitou a excavación dun dos servizos para crear unha beirarrúa na zona.

Tamén está previsto acometer esta primavera outra obra de mellora da seguridade peonil, consistente, neste caso, na construción dunha beirarrúa na avenida da Vedra, no ámbito da parada 278 do transporte público urbano –localizada ao pé do muro da antiga Fábrica de Armas– que contará, desta forma, cun espazo seguro para a espera. “Esta actuación, por mor da súa localización, requiriu da autorización do Ministerio de Fomento, como titular dos terreos”, aclarou o responsable municipal.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...