Home » coruna » Currently Reading:

O Concello acomete importantes melloras na rede de saneamento da EBAR de San Roque “que redundan nunha maior eficiencia enerxética e do tratamento de augas residuais”

enero 12, 2018 coruna No Comments

O Concello acometeu o pasado mes de decembro importantes obras de mellora na rede de saneamento da EBAR de San Roque, estación de bombeo pola que pasan o 80% das augas residuais da cidade camiño do seu destino na depuradora de Bens. En concreto, o departamento de Medio Ambiente, dirixido por María García, destinou 173.500 euros a acometer o cambio de dúas das principais bombas da estación encargadas de impulsar as augas. Desta forma procedeuse á renovación do 50% desta estación de bombeo, algo fundamental xa que non só “mellora a efiencia das instalacións, que rexistran unha diminución do seu consumo eléctrico, senón que supón un novo impulso no camiño do goberno local por conseguir o obxectivo do vertido cero”. “O cambio de dúas das catro principais bombas da EBAR é un paso moi importante de cara a incrementar de forma notable a xestión das augas residuais”, apuntou a concelleira, que salientou a previsión de cambio das restantes dúas grandes infraestruturas de bombeo ao longo deste exercicio. “Estamos a falar dunha infraestrutura de gran importancia na cidade xa que por ela pasan as augas residuais de boa parte dos barrios da cidade, dende Monelos até á Torre de Hércules, pasando por Oza, A Cubela, ou o Ensanche entre outros”, explicou a responsable municipal, que subliñou a importancia de mudar estas bombas “que contaban xa cunha antigüedade de máis de 30 anos”.

Segundo explicou a responsable municipal, esta situación “entrañaba riscos” debido a que “se ben estes dispositivos estaban suxeitos a mantemento, ao estar descatalogados, unha avaría podería ser moi complicada de solventar”. “As novas bombas, colocadas entre os días 19 e 21 de decembro do pasado ano teñen novos criterios de potencia e teñen, cada unha, un gasto enerxético un 10% menor ás anteriores”, apuntou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...