Home » Trafico » Currently Reading:

O Concello activa un dispositivo especial de transporte urbano pola festividade do 1 de novembro

octubre 31, 2016 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible vén de activar un dispositivo especial de transporte público de cara a festividade de Todos os Santos. Este traducirase no reforzo das liñas que conectan cos cemiterios municipais da cidade, tendo en conta que a afluencia a estes espazos é moito máis significativa nestas datas. Así, durante as xornadas do 31 de outubro e o 1 de novembro reforzaranse as liñas 23 e 23A, con dos autobuses máis. Desta forma, a frecuencia combinada de ambas liñas será de 15 minutos.

Por outro lado, e de cara ao 1 de novembro, reforzarase a liña 3 da Compañía de Tranvías, dando servizo desta forma aos cemiterios de San Pedro de Visma e San Amaro, cunha frecuencia combinada coa 3A de 15 minutos. Ao campo santo de Visma tamén se poderá chegar mediante as liñas 12 e 14.

Do mesmo xeito, a liña 11, cun percorrido transversal da cidade, e con transbordo a todas e cada unha das demais liñas, contará con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada que darán, á vez, servizo ao cemiterio de San Amaro cada 17 minutos.

As restantes zonas da cidade comunicaranse con San Amaro a través das liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 17, mentres que o cemiterio de Oza (Castrillón) contará coas liñas 1, 12A, e 14. As 5, 12A e 22 darán cobertura a San Cristóbal das Viñas.

Comment on this Article:







*