Home » coruna » Currently Reading:

O Concello apoia a celebración de obradoiros de sensibilización ambiental dirixidos ao público infantil con instrumentos reciclados

noviembre 24, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Medio Ambiente, área que dirixe María García, informa que durante todos os sábados dos meses de novembro e decembro, están a ter lugar os Obradoiros de mantras e sensibilización ambiental dirixidos ao público infantil e a persoas con diversidade funcional. A iniciativa, que conta co apoio do Concello da Coruña a través da convocatoria de subvencións Cultura Ambiental, está impulsada pola Asociación Cultural Tres por Cuatro, e conta coa participación do músico Robert Pier. A proposta ofrece ás nenas e nenos de entre 4 e 11 anos a oportunidade de achegarse á ecoloxía a través dun repertorio musical de breves cancións, creado por Pier, no que os elementos naturais son os protagonistas. Ademais, a iniciativa propón crear instrumentos con materiais reciclados recollidos con anterioridade, como botellas de plásticos, latas, chapas ou outros, e que se lle poidan dar utilidade para acompañar o ritmo dos mantras propostos polo artista.

Tras visitar os barrios dos Rosales e Labañou, este sábado a proposta terá lugar no Centro Cívico da Cidade Vella entre as 11.00 e as 13.00 horas. Xa no mes de decembro, os obradoiros continuarán no Ágora, Eirís, Monelos e pechará o ano no Museo de Arte Contemporáneo (MAC). A participación nos obradoiros é gratuíta, pero as prazas por sesión son limitadas, polo que é necesario realizar a inscrición previa no correo electrónico t resporcuatro.12@gmail.com

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...