Home » coruna » Currently Reading:

O Concello apoia a proposición de lei estatal para o regulamento de alugamentos abusivos, “unha iniciativa para protexer os dereitos da cidadanía fronte a especulación inmobiliaria”

abril 6, 2018 coruna No Comments

​O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, asistiu en Madrid á presentación da proposición de lei para a regulación dos alugamentos abusivos e a mellora das garantías e o acceso á vivenda en alugamento por parte do grupo parlamentario confederal de Unidos Podemos – En Comú Podem – En Marea, unha iniciativa que conta co apoio do Concello da Coruña, así como doutras seis cidades do Estado que suman máis de sete millóns de habitantes, como son Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Córdoba, Cádiz e Santiago de Compostela. “Os gobernos locais somos as administracións máis próximas á cidadanía e as que sufrimos en primeira instancia unha lexislación como a vixente Lei de Arrendamentos Urbanos, que desprotexe os veciños e veciñas que viven de alugamento e que reduciu as súas garantías como demostra que os maiores problemas nas execucións hipotecarias sexan por mor de alugueiro”, explica o edil. Por isto, o Concello “considera necesaria unha nova iniciativa lexislativa que garanta uns dereitos da veciñanza que non quixo protexer o goberno de Mariano Rajoy e que teña en conta tamén a opinión e a experiencia das administración locais como as máis próximas e en contacto coa realidade que vive a cidadanía”.

A proposición de lei tenta reverter as reformas que o Goberno do Estado levou a cabo en 2013 e que, como censura Varela, “só serviron para afondar nas dificultades para acceder e manter unha vivenda mentres nas cidades foi crecendo a especulación inmobiliaria”. Isto concrétase, por exemplo, no paso dos contrados dos cinco aos tres anos, o recorte de garantías para as personas arrendatarias ou as exencións fiscais para as Socimis, as sociedades de inversión que especulan co alugueiro. A proposición de lei pretende que o alugamento sexa unha opción estable, asequible e segura para a poboación a través da implantación de novo dos contratos de cinco anos e, en caso dos grandes propietarios, incluir a posibilidade dunha prórroga obligatoria doutros cinco se a persoas ou persoas inquilinas cumpliron con todas as súas obrigas contractuais.

A proposición de lei incrementa tamén as accións que poden tomar os gobernos locais que, en coordinación coas administracións autonómicas, poderán declarar áreas urbanas de mercado de vivenda tensionado nas que, temporalmente e de forma xustificada con criterios xustificados, poda implementarse unha regulación de prezos que permita contener as rentas para evitar subidas abusivas de alugamentos. “A aprobación deste texto suporía que os gobernos das cidades sumásemos capacidade de acción grazas a unha ferramenta efectiva para frenar a especulación e os prezos e facilitar así o acceso á vivenda da poboación, unha problemática que afecta cada vez máis ás cidades”, observa o responsable municipal.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...