Home » coruna » Currently Reading:

O Concello avanza as liñas do Plan Estratéxico de Bibliotecas nun encontro do Ministerio de Cultura sobre a xestión deste servizo en distintas cidades do Estado

noviembre 22, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou este martes en Madrid no VII Encontro Biblioteca e Municipio, que organiza a Secretaría de Estado de Cultura, e que serviu para dar a coñecer algúns dos avances desenvolvidos arredor da rede municipal de bibliotecas durante este mandato, así como a planificación estratéxica para esta área a curto e medio prazo. Nese sentido, o concelleiro avanzou durante a sesión o contido do Plan Estratéxico de Bibliotecas, que aposta por un modelo xestión das bibliotecas municipais unificado e enteiramente público –fronte ao sistema dual que existe na actualidade, con xestión directa e indirecta–, así como da reordenación do servizo, a través dun traballo en rede das bibliotecas coordinado desde unha futura biblioteca central, “de cara a unha maior eficiencia, a través dunha coordinación directa e continuada dos diferentes centros e programas, que permitiría ademais incrementar as prestacións ofrecidas á cidadanía por parte dunha rede que ten unha relevancia de primeira orde dentro da política cultural do goberno daCoruña”.

No encontro, no que tamén tivo intervención a directora da rede de bibliotecas municipais, Isabel Blanco, o responsable municipal deu conta, ademais, do proceso de remunicipalización iniciado polo goberno coruñés o ano pasado, dirixido a asumir a xestión pública da totalidade da rede, e que prevé levarse adiante a través da asunción, por parte da empresa pública Emvsa, da xestión dunha parte dos servizos, dadas as dificultades dunha xestión directa desde o Concello do conxunto da rede que implica a Lei de Orzamentos Xerais do Estado, e das trabas que está a poñer o Goberno central a este tipo de procesos por parte dos entes municipais.

Do mesmo xeito, o concelleiro informou da recente apertura do punto de préstamo de Novo Mesoiro, un servizo dirixido a dar resposta a curto prazo das necesidades da veciñanza de Mesoiro, Novo Mesoiro, Feáns ou Someso, que ata agora non tiña facilidades para acceso aos servizos da rede de bibliotecas, e que desde o pasado mes de outubro ten na súa área de influencia un espazo para o préstamo de libros e actividades como os contacontos infantís, entre outras.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...