Home » coruna » Currently Reading:

O Concello colabora coa ‘Noite Branca’, que se celebrará o próximo 5 de maio, “dentro da súa política de favorecer e impulsar iniciativas de promoción do comercio de proximidade”

abril 20, 2017 coruna No Comments

O Concello da Coruña e, en concreto, o departamento de Emprego e Economía Social, dirixo por Alberto Lema, afonda na súa política de favorecer e impulsar iniciativas de promoción do comercio de proximidade, especialmente aquelas que apostan pola innovación. Así, a administración local colabora coa celebración o próximo 5 de maio da Noite Branca, iniciativa da Asociación Zona Comercial Obelisco e que consiste en “dar maior visibilización ao pequeno comercio desta área da cidade”, así como este ano, de forma especial, á hostalería coruñesa ao terse convertido nun “especial reclamo turístico”. Nunha rolda de prensa na que, en outros, o concelleiro estivo acompañado por representantes da Asociación Zona Comercial Obelisco e outros colaboradores deste evento como o colectivo Coruña Cociña, Lema destacou que “o Concello colabora, facilita e facilitará sempre a celebración deste tipo de actividades”. “Ao longo do ano levamos a cabo moitas iniciativas de dinamización comercial, tanto nos mercados municipais, como co sector hostaleiro e especialmente co comercio de proximidade de todos os barrios da cidade, pero á vez, tamén estamos encantados de que sexan os e as propias comerciantes as que collan a iniciativa e nos presentes proxectos ao respecto”, indicou .

Os e as organizadoras do evento destacaron o apoio do Concello da Coruña a esta iniciativa coa cesión de diversos espazos en toda a zona centro da cidade, dende a Praza de María Pita até Juana de Vega para que se desenvolvan as distintas actuacións previstas nunha noite na que as tendas da zona centro poderán abrir nun horario extraordinario até as 00.00 horas.

Entre as novidades deste ano destacan as actuacións de música e malabares en distintas zonas como a Praza de Mina, San Andrés ou Praza de Pontevedra, entre outros, o “espazo gastronómico” que se ubicará no Obelisco e que contará con catro food trucks nos que destacados chefs do colectivo Coruña Cociña sortearán ceas exclusivas, así como actividades e talleres dedicados ao público infantil. Destaca tamén o feito de que, nesta edición, a Noite Branca contará cunha aplicación móbil propia denominada Moxca, especializada en axudar á venda on line dos comercios. “Esta iniciativa entronca directamente con moitos dos programas que estamos pondo en marcha dende o Concello, xa que cremos que é necesario que o pequeno comercio e o comercio de proximidade entre tamén no mundo on line , de forma que poida tamén xerar mercado desta forma”, comentou Lema, quen destacou que este ano volverán a poñerse en marcha por parte do Concello iniciativas como Tendas a Exame, que gozou dunha gran acollida na zona comercial da Falperra, onde se levou a cabo a primeira edición.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...