Home » coruna » Currently Reading:

O Concello completa as obras de mellora da área de xogos da praza Isaac Díaz Pardo, “para convertela no grande espazo de inclusión no barrio de Elviña”

diciembre 7, 2017 coruna No Comments

O Concello da Coruña vén de completar a renovación, ampliación e mellora da zona de xogos infantil situada na praza Isaac Díaz Pardo. Tal e como destaca o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, a obra seguiu os criterios de deseño para as áreas infantís do goberno local, e que xa puxo en práctica en espazos como a zona de xogos na Praza de Tolerancia. “Os criterios poñen énfase na naturalización dos ambientes, elementos e materiais dos xogos”, explica Varela, “e poñen en valor o espazo de xogo como unha ferramenta de inclusividade, ademais de prestar maior atención ás persoas coidadoras”. Deste xeito, a nova área de xogos de Elviña “converterase no grande espazo de xogo do polígono e atenderá tamén a necesaria conquista do espazo público por parte da veciñanza de todas as idades”, segundo sinala o concelleiro.

A área de xogos licitouse por 230.793,92 euros, e conta con financiamento da Deputación da Coruña, ademais de municipal. Sobre o proxecto inicial para a zona que tiña a anterior corporación, “o goberno actual revisou en profundidade a proposta baixo os criterios de deseño nos que se están a traballar desde Rexeneración Urbana, o que permitiu, entre outras cuestións, ampliar o número de prazas para persoas usuarias, adaptar a posición dos xogos e manter en pé un castiñeiro”, expón o responsable de Rexeneración Urbana. Deste xeito, o novo espazo presentará, en total, dúas áreas de xogo diferenciadas, unha infantil e outra para nenas e nenos de máis idade, cada unha delas coa súa respectiva duna de area –de dous metros e medio de alto para os de maior idade, e de metro e medio para as e os máis cativos–. A zona, á que xa se pode acceder, conta con varias estruturas de xogo, entre os que se inclúen oito postos de randeeiras, castelos, rocódromos, tirolinas, tobogáns e unha estrutura piramidal de redes para escalada. Ademais, o espazo conta cunha ampla superficie con asentos na zona centro, para facilitar o labor das persoas coidadoras para que poidan visualizar as entradas e saídas dos máis cativos e cativas en todo momento.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...