Home » Fotografía » Currently Reading:

O Concello convoca o concurso fotográfico para o Calendario Municipal 2017, que nesta edición terá como protagonistas “as mulleres activas e donas do espazo público da Coruña”

octubre 22, 2016 Fotografía No Comments

O Concello da Coruña abre hoxe o prazo para participar no concurso fotográfico ‘Calendario Municipal 2017’, que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que o ente municipal edita cada ano, que se completa con 12 imaxes antigas, e, en caso de decidilo así o xurado, para elixir tamén a foto da primeira páxina do mesmo. Nesta edición, a temática das fotografías versará sobre “as mulleres activas e donas do espazo público da Coruña”, unha elección que se fai despois da declaración do 8 de marzo, o Día das Mulleres, como festivo local en 2017, como forma de unirse á celebración “coa reivindicación en imaxes das coruñesas como centro da nosa cidade, no seu día a día, na súa pegada urbana, nas súas rúas e paisaxes, no traballo e no lecer e sempre en pé de igualdade”, tal e como queda explicitado nas bases do concurso. Deste xeito, as persoas que queiran participar poderán facelo enviando as súas propostas ata o 5 de novembro, ao enderezo electrónico concursofotografico@coruna.es,indicando no asunto a lenda ‘Concurso calendario municipal 2017’.

Os traballos deberán enviarse ao enderezo sinalado e deberán compoñerse dun máximo de tres fotografías, que deberán ser en cor e remitirse nun arquivo dixital en formato JPG dun mínimo 5 megapíxeles. As fotografías deberán ser enviadas como arquivo adxunto ao correo electrónico. As bases completas pódense consultar na páxina principal da web municipal: www.coruna.es.

O xurado, que estará composto por sete membros nos que se incluirán integrantes do colectivo Fotoxornalistas Coruñeses e concelleiros e concelleiras da corporación coruñesa, deberá fallar os premios antes do día 10 de novembro, elixindo 12 fotografías de 12 participantes diferentes, ademais doutras 6 propostas que integrarán a ‘lista de reserva’; tamén, no caso de que así o considere por cuestión de calidade, poderá seleccionar unha fotografía para a primeira páxina. As persoas gañadoras recibirán como premio un exemplar da obra Arredor das Irmandades da Fala. Pensamento, política e poética en Galicia, de autoría colectiva, e gañarán un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa firma dos e das autoras.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...