Home » coruna » Currently Reading:

O Concello dá luz verde á implantación da segunda fase do plan de accesibilidade do transporte interurbano

enero 23, 2018 coruna No Comments

O goberno local deu luz verde á implantación da segunda fase do Plan de Accesibilidade do Transporte Interurbano, o que posibilitará a entrada de autobuses ao centro urbano a través dos corredores das avenidas de Arteixo e Fisterra. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, avanzou que o Concello da Coruña “ten todos os seus deberes feitos, técnica e operativamente, para que o proxecto de penetración aprobado pola Xunta poida levarse a cabo” e sinalou que o prazo de inicio debe fixalo a propia administración autonómica. “Por parte do goberno local, podería ser a semana que vén”, indicou.

O edil mantivo esta mañá unha xuntanza técnica con responsables da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas, no marco da comisión bilateral de seguimento da implantación do plan que, tal e como destaca Díaz Grandío, “ten entre os seus cometidos vixiar a boa execución da iniciativa”, e cuxa convocatoria “foi dilatada por parte da Xunta”. “A Comisión de Seguimento é o marco de traballo que permite a ambas as dúas administracións adoptar ou propoñer modificacións que corrixan as posibles eivas que poidan presentar as diferentes fases de implantación do Plan de Accesibilidade do Transporte Interurbano durante a súa posta en marcha”, lembrou o responsable municipal, que puxo en valor o papel do ente “na boa execución da primeira fase do plan de acceso”, así como a planificación e o traballo desenvolvido tanto pola Policía Local e o persoal da concellería, “para que a penetración urbana non presentara incidentes”.

Nesta segunda fase, o proxecto prevé o acceso até o centro da cidade dos autobuses que se incorporen a través do corredor oeste –polas avenidas de Arteixo e Fisterra–. As nove liñas recollidas dentro do proxecto de penetración, e que se traducirán, segundo apunta Díaz Grandío, en 25 expedicións ao día, son as que proceden de municipios como Arteixo, Carballo, Corme, Fisterra, Malpica ou Vimianzo, entre outras localidades. Neste sentido, o concelleiro salienta “as posibilidades que abre para a cidade a entrada das veciñas e veciños da área metropolitana e da Costa da Morte no centro urbano”.

Comment on this Article:







*

A %d blogueros les gusta esto: