Home » coruna » Currently Reading:

O Concello destina 100.000 euros a financiar os proxectos de 13 entidades culturais da cidade que desenvolven actividades que procuran a inclusión das diversidades

diciembre 20, 2017 coruna No Comments

O Concello da Coruña destina 100.000 euros a financiar os proxectos de 13 entidades culturais da cidade que desenvolverán, até agosto do próximo ano, actividades que procuran a inclusión das diversidades. Esta aportación prodúcese no marco do programa Cultura Accesible e Inclusiva, desenvolvido dende a Fundación Emalcsa. Esta mañá, o alcalde, Xulio Ferreiro, en calidade de presidente deste ente municipal, asinou os convenios coas entidades adxudicatarias que, á vez, levarán a cabo os seus proxectos en colaboración con 21 asociacións distintas do ámbito das diversidades. O rexedor salientou que “se trata xa da segunda convocatoria que realiza o goberno local, na súa aposta decidida porque o acceso á cultura e aos circuítos culturais sexa realmente accesible e inclusiva”.

Nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e o titular de Culturas, José Manuel Sande, así como o director xerente da entidade municipal, Manuel Aguilar, o alcalde agradeceu especialmente a participación das asociacións culturais participantes, así como do ámbito das diversidades, e incidiu en que, nesta edición, tanto a Fundación María José Jove, como as empresas Repsol, Vegalsa e Luckia, realizaron unha colaboración económica para axudar ao financiamento dos proxectos.

As entidades beneficiarias destas axudas (todas as que se presentaron á convocatoria) son Amigos dos Museo de Belas Artes da Coruña, Sociedade Filatélica da Coruña, Asociación Cultural para a Integración Social Diversos, La Quinta del Arte, Asociación para o Desenvolvemento da Cultura Musical na Infancia para Colectivos Desfavorecidos e en Risco de Exclusión Social (Demusicade), Asociación Cultural Tres por Cuatro, Asociación Proxecto Máscaras, Asociación Cultural Coruñesa Negus, Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome, Asociación Poten100mos, Asociación Cultural Freakmacine, Asociación Cultural Zalaera e Asociación Participa para a Inclusión. Estas entidades realizarán proxectos que se basean na apertura das actividades culturais a todos os colectivos con diversidade para a cidade, dende veciñanza en risco de exclusión a persoas con algún tipo de discapacidade funcional.

As entidades, cuxos proxectos se financiarán de forma total ou parcial coas achegas da Fundación Emalcsa, actuarán, ademais, en colaboración, con 21 entidades do espectro das diversidades como son a Asociación Coruña de Promoción da Persoa Xorda (ACOPROS), Asociación Dano Cerebral Adquirido (ADACECO), Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista (ASPANAES), Asociación de Síndrome de Down (Down Coruña), Asociación da Síndrome de West (West Galicia), Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFACO), Asociación Galega de Asperger (ASPERGA), Asociación para a Inclusión de Persoas con Diversidade Funcional (ARTEFÍOS), Asociación para a Integración do Neno Disminuído (AIND), Asociación Pascual Veiga, Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña (APEM), Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA), Centro de Atención a Persoas con Discapacidades da Coruña (CAPD Coruña), Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Fundación Abrente, Fundación Adultos Discapacitados da Coruña (ADCOR), Fundación INGADA, GRUMICO, Instituto Galego do TDHA e trastornos asociacidos (INGADA), Liga Reumatolóxica Galega e Organización Nacional de Cegos (ONCE).

Na firma do convenio, a concelleira Fraga salientou que os proxectos das 13 entidades receptoras foron valorados por un comité técnico composto por profesionais do ámbito cultural do Concello da Coruña e da Fundación María José Jove. “As propostas que recibiron financiamento desenvolven distintas actividades culturais nos campos artísticos e culturais da música, o teatro, o cine, a danza, a pintura, visitas a museos e monumentos, poesía, contidos dixitais e fotografía”, dixo. “Todas as entidades culturais que participaron desta convocatoria teñen unha recoñecida experiencia no seu ámbito, como indica o feito de que organizaron máis 100 eventos nos últimos tres anos”, engadiu.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...