Home » coruna » Currently Reading:

O Concello encara a recta final dos traballos de urbanización do Ofimático, que se completarán coas obras que garantirán o subministro eléctrico ao futuro barrio

noviembre 10, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, salientou o “bo ritmo” das obras que a administración local está a levar a cabo no polígono do Ofimático, imprescindibles para poder outorgar as licenzas de primeira ocupación. O edil, que esta semana realizou a súa habitual visita ás obras acompañado do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou que neste momento o Concello leva xa executadas máis do 80% das obras necesarias de urbanización. O responsable municipal indicou que “á vista da progresión dos traballos, estamos en condicións de dicir que imos encarar a recta final das obras de urbanización, que se deben completar, non obstante, con distintas actuacións que debe levar a cabo a empresa Gas Natural Fenosa para garantir o subministro eléctrico a o futuro barrio”.

Neste sentido, Varela saudou o compromiso dado ao Concello pola empresa, “que asegura que comezará as obras civís que son da súa competencia e que aínda faltan por acometer para asegurar o subministro eléctrico en dúas semanas”.

“O Concello ten xa moi adiantadas as obras de urbanización, incluíndo as dos accesos por Eirís, e está empezando xa a colocar o cableado necesario nas canalizacións. Non obstante, é necesario acometer canto antes as obras relacionadas co soterramento das liñas de media tensión, aquelas que van conectar o futuro barrio coa rede de subministro eléctrico”, expuxo.

Segundo comentou o edil, Gas Natural Fenosa debe acometer diversos traballos tanto na subestación eléctrica de Eirís, como nunha zona cercana á rotonda de Matogrande. “Son actuacións necesarias para poder soterrar as liñas. Son obras da súa competencia e así figura na propia separata do proxecto de obras imprescindibles para o sector 10 do Parque Ofimático”, evidenciou o titular de Rexeneración Urbana, que apuntou que o Concello, pola súa banda, “está a tramitar os permisos necesarios de forma que facilitemos o máis posible o inicio destas obras, que é o que todos queremos”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...