Home » coruna » Currently Reading:

O Concello executou xa no Ofimático máis do 75% das obras de pavimentación imprescindibles para poder outorgar as licenzas de primeira ocupación

noviembre 5, 2017 coruna No Comments

O Concello da Coruña leva xa executadas no Ofimático máis do 75% das obras de pavimentación imprescindibles para poder outorgar as licenzas de primeira ocupación. Así o manifestou o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda Xiao Varela, que estes días, e como vén sendo habitual, visitou a zona para comprobar de primeira man o avance dos traballos. O edil quixo destacar o “bo ritmo” das distintas actuacións previstas, “algo que posibilita ir avanzando cada semana e asumir novos traballos, como é o caso dacolocacióndocableadonascanalizacións,quexaseestáaacometer”.

“Á marxe da colocación do cableado, que é unha moi boa noticia, os avances na pavimentación son moi importantes, xa que son fundamentais para reorganizar e regular o tráfico dentro deste ámbito”, explicou o titular de Rexeneración Urbana, que incidiu, ademais, en que “xa se está a traballar no entorno dos edificios dos e das cooperativistas”. “Isto foi posible logo das xuntanzas que mantivemos e nas que fomos analizando a situación das súas propias parcelas e as actuacións que eles tamén debían abordar, de forma que as obras, tanto públicas como privadas, estean perfectamente coordinadas”, comentou.

Por outro lado, o concelleiro apuntou que as obras que se están a levar a cabo nos accesos dende Eirís “están xa practicamente rematadas, e a súa finalización podería abordarse nas próximas semanas, dependendo da situación meteorolóxica”.

“Sabemos que para as persoas que están esperando dende hai anos, nada é suficientemente rápido, pero este goberno local está a actuar e está a acometer da forma máis áxil posible as obras necesarias para poder outorgar as licenzas de primeira ocupación”, declarou o concelleiro, que evidenciou a necesidade de que Gas Natural Fenosa “realice as actuacións pendentes que lle competen e que aínda están pendentes na zona da rotonda de Matogrande”. Varela comentou que, se ben a empresa (coa que o Concello está en permanente contacto con este motivo) “xa avanzou na execución de obras que lle requiriamos na subestación de Eirís aínda ten que abordar uns traballos importantes para poder dar subministro eléctrico dentro do polígono”.

O proxecto de urbanización da separata do proxecto modificado número 1 do sector 10 Parque Ofimático foi adxudicado o pasado mes de xuño á UTE Arias Infraestructuras-Comsa Instalaciones y Sistemas Industriales SLU, cun orzamento de 2,6 millóns de euros. As actuacións en marcha están dirixidas a dotar o Ofimático tanto de acceso rodado como de todos os servizos imprescindibles, como son a pavimentación de accesos, dotación de iluminación, abastecemento, rede eléctrica, saneamento, e outras intervencións relativas á seguridade de bens e persoas, como a colocación de valados e proteccións en desniveis ou instalación de tapas, entre outras.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...