Home » coruna » Currently Reading:

O Concello habilita 248 prazas de estacionamento para vehículos autorizados na contorna da Cidade Vella, que será peonil dende o vindeiro luns

junio 22, 2018 coruna No Comments

O vindeiro luns comeza a primeira fase do plan de revitalización da Cidade Vella coa peonalización do espazo, para o que se están a acometer esta semana os traballos necesarios para o cambio de circulación anunciado e tamén para a sinalización das dúas novas áreas de aparcadoiro en superficie para os vehículos autorizados da veciñanza e dos e das comerciantes do barrio. Así o explicaron os concelleiros de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, que deron conta dos últimos axustes precisos para comezar coa peonalización e das zonas de estacionamento acordadas tanto coa veciñanza e con comerciantes, que terán reservadas 248 prazas, das que 155 estarán na rúa Maestranza e as restantes, xunto ao Oceanográfico. “Estamos habilitando máis prazas das que se eliminan na Cidade Vella, que era arredor dunhas 200. É a proposta que equilibra a posición de todas as partes e que entendemos que vai ser cómoda para os veciños e as veciñas, xa que a maior parte delas están nunha zona adxacente ao casco vello e na súa parte superior”, explicou Xiao Varela.

O responsable de Mobilidade Sostible informou de que os labores de sinalización horizontal dos aparcadoiros, para os que se gañan 80 prazas tras a súa reordenación, comezan e rematarán aprimeirahoradomesmolunscomocolocacióndossinaisverticais.Varelaincidiuen que esta nova configuración do sistema circulatorio da zona xunto ao espazo de estacionamento para vehículos na rúa Maestranza “vai favorecer que non haxa tráfico residual buscando aparcadoiro, porque son zonas moi compactas e separadas das principais vías de circulación”. Os edís lembraron que, ademais destas dúas bolsas para o estacionamento de vehículos autorizados, o Goberno local ten negociado cos tres aparcadoiros privados da zona tarifas especiais con reducións de ata o 50% para residentes e traballadoras e traballadores da contorna, como indicou Díaz Grandío.

A implantación da peonalización estará acompañada pola Policía Local, que será a encargada de controlar dende o luns os accesos de vehículos na Cidade Vella, na que só poderán circular e parar durante un máximo de 15 minutos os 800 automóbiles autorizados e que leven o distintivo habilitados. Díaz Grandío repasou as actuacións xa postas en marcha esta semana, das que o cambio principal foi o paso de dous sentidos a un, de subida, na rúa Maestranza. Isto supuxo tamén o cambio no itinerario das liñas 3A e 17, así como a habilitación dunha nova parada na proximidade da Hípica e o uso da xa existente ao pé do hospital Abente y Lago. O edil indicou que tamén se creou unha rotonda no Paseo Marítimo á altura da rúa Julio Portela Ceballos, que vai permitir o xiro á esquerda e a incorporación dos vehículos que veñen do túnel do Parrote a esa área da Cidade Vella. Esta actuación e a habilitación doutra rotonda en Veramar “veñen rachar o illamento e crear novos accesos cara a Cidade Vella, atendendo así antigas reclamacións da veciñanza”. “Mantemos un diálogo constante cos axentes do casco histórico, uns contactos que non remataron porque temos en marcha una Mesa Cívica na que se vai facer control e seguimento das medidas que imos ir implantando”, apuntou o edil, que quixo agradecer á veciñanza e os e as traballadoras da zona “que cambien as súas rutinas polo obxectivo común de ter unha Cidade Vella para vivila”.

Outras medidas

Como lembrou o concelleiro de Rexeneración Urbana, a peonalización é “unha pata máis do plan de revitalización” da Cidade Vella orquestrado polo Goberno local e “sobre o que xa se están dando pasos”. Neste sentido, lembrou que no Pleno do mes de xuño foi aprobada unha modificación da ordenanza municipal de rehabilitación que supón “a duplicación das axudas na zona PEPRI tanto para locais como para vivenda que vai axudar a fixar poboación e a evitar a xentrificación da zona porque introducimos criterio de rendas á hora de dar as subvencións”. Varela avanzou tamén que Rexeneración Urbana ten programadas outras obras a curto prazo, ademais das necesarias para o cambio circulatorio. Así, explicou que se vai levar a cabo este verán a ampliación de beirarrúas, con novo enlousado, na área do colexio Dominicos, “o que vai aumentar a seguridade e e comodidade na zona”.

Comment on this Article: