Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Concello impulsa unhas xornadas sobre o dereito a vivenda e alternativas para un hábitat digno

junio 8, 2017 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, intervirán o vindeiro día 16 na inauguración dunhas xornadas pedagóxicas e de divulgación organizadas polo Concello e a asociación Outra Forma de Vivenda arredor do dereito ao hábitat digno, baixo o título ‘Outra forma de vivenda é posible. Iniciativas cidadás e políticas públicas para un hábitat digno’, que se desenvolverán os días 16 e 17 no centro Ágora. Como avanza Varela, a iniciativa busca “facer divulgación e sensibilizar sobre as alternativas posibles no eido da vivenda a través da perspectiva das políticas públicas e tamén das iniciativas cidadás de cara a un hábitat digno”. Para iso, o programa conta con representantes institucionais de distintos puntos do Estado español e tamén con representación de colectivos cívicos, que presentarán experiencias e alternativas exitosas, caso da cooperativa Entrepatios, de Madrid, La Borda, de Barcelona u a propia Outra Forma de Vivenda (A Coruña), que traballan en novos modelos de tenencia de vivenda e de alternativas na vivenda colectiva a través da autoxestión. “A transformación real no ámbito do dereito á vivenda require do impulso das políticas públicas no ámbito do dereito a un hábitat digno, pero a implicación da cidadanía e a toma de conciencia do seu papel é fundamental e imprescindible para un cambio do modelo socioeconómico que xira arredor da vivenda, que non se pode dar só desde as institucións”, salienta o responsable municipal de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda.

As xornadas, de entrada libre ata completar o aforo, preséntanse co obxectivo de reflexionar desde o colectivo sobre os novos modelos de vivenda, o papel da cidadanía no deseño e construción do seu propio hábitat ou o rol das institucións como impulsoras destas novas fórmulas. O programa, segundo pon de relevo o concelleiro, combina unha primeira xornada centrada nas políticas públicas, nunha mesa sobre o papel das institucións e o público como axente facilitador e impulsor de novos modelos de vivenda, cunha segunda xornada de exposición de propostas que se están a desenvolver en distintos puntos do Estado desde unha perspectiva global, que abrangue a accesibilidade. Deste xeito, no curso da primeira sesión os e as participantes abordarán as políticas públicas relacionadas co dereito á vivenda –e na que intervirán representantes públicos como Ricard Fernández Ontiveros, xerente de Dereitos Sociais do Concello de Barcelona, Alba Paz, subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia ou Ignacio Tremiño, deputado do PP por Valladolid e portavoz do grupo popular na comisión para as políticas integrais de discapacidade–, mentres que na segunda, daranse a coñecer distintas iniciativas máis autónomas, coa exposición de propostas que se están a desenvolver desde unha perspectiva global, e afondando sobre aspectos clave como a accesibilidade universal, a vida comunitaria (no eido da axuda mutua, os espazos compartidos e a relación co barrio) a sustentabilidade ou a xestión e o financiamento, sempre partindo do dereito á vivenda como dereito universal.

As xornadas contarán con servizo de conciliación e ludoteca para menores de entre 4 e 12 anos, previa inscrición a través do correo info@outraformadevivenda.org , e con intérprete de lingua de signos.

 

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...