Home » coruna » Currently Reading:

O Concello incorpora un novo camión para a limpeza e mantemento da rede de sumidoiros

diciembre 19, 2017 coruna No Comments

O goberno local vén de incorporar un novo camión á frota de medios municipais que se empregan na limpeza e mantemento da rede de sumidoiros. O vehículo, no que se investiron máis de 230.000 euros, está dotado dos últimos avances tecnolóxicos do sector así como de seguridade para o persoal operario do mesmo, e substitúe a un de menor capacidade. Así, desde hoxe, o Concello conta con catro vehículos hidrolimpiadores que teñen a capacidade de transportar 12 metros cúbicos mediante dous depósitos, un de 7 para lodos, e outro de 5 para auga limpa, “para manter en perfecto estado os condutos subterráneos”, sinala a responsable de Medio Ambiente, María García. Tal e como destaca a edil, a rede de sumidoiros da Coruña, que conta con 537,50 km de tubaxe, e recibe todos os residuos industriais e dos domicilios localizados no termo municipal, nun percorrido que conta con 21.000 pozos de rexistro, 15.000 sumidorios de pluviais e 20 instalacións de bombeo. Segundo subliña a edil, o Concello retira, cos seus propios medios, “ao redor de 400 toneladas anuais de residuos sólidos ao ano”, que se levan ao xestor autorizado para o seu tratamento, “e que se suman aos que se deben xestionar pola estación depuradora de Bens, que se aproximan as 900 toneladas anuais”.

En relación á diminución das cantidades de residuos que chegan á depuradora, a concelleira avoga pola sensibilización e corresponsabilida arredor da problemática. “Toalliñas, cabichas e artigos de hixiene persoal, cando non rematan directamente no mar, son causantes de moitos atascos e problemas en sumidoiros. A cidadanía pode contribuír a mellorar moito esta situación. Cómpre ser consciente desta problemática e procurar separar debidamente os residuos en orixe, depositándoos no seu sitio. Tamén no fogar”, destaca García, quen lembra que a eliminación deste tipo de residuos na depuradora “custa ao Concello arredor de 250.000 euros anuais”.

Comment on this Article:







*