Home » Ayuntamiento » Currently Reading:

O Concello inicia o proceso de resolución do contrato de mantemento dos xardíns históricos da cidade tras cometer a empresa concesionaria dúas infraccións moi graves

mayo 29, 2018 Ayuntamiento No Comments

​O Goberno local iniciou o proceso para resolver o contrato da empresa concesionaria do mantemento dos parques e xardíns históricos da cidade debido á comisión de dúas infraccións de carácter moi grave. A Concellería de Medio Ambiente remitiu hoxe a comunicación á empresa IMESAPI, adxudicataria do contrato de conservación e mantemento de Parques e Xardíns no seu lote 4 relativo ás áreas históricas da cidade, que ten 15 días para formular as alegación e presentar a documentación e xustificacións que considere para a defensa dos seus intereses.

O Concello propuxo a resolución do contrato tras constatar deficiencias na prestación do coidado dos xardíns máis antigos da cidade, precisamente os que albergan as especies con maior valor natural e con máis relevancia histórica e patrimonial. Estas deficiencias concretáronse en dúas infraccións graves. A primeira delas, por incumprir en reiteradas ocasións a orde dada dende a Xefatura da Sección de Xardíns no referente ao control de pragas que poden afectar a especies de árbores de extraordinario valor histórico e natura​l destes espazos verdes, unha cuestión, como indica o departamento, de “de extrema gravidade” polo risco que pode supoñer para os exemplares. Ademais, o persoal técnico da Concellería detectou, e así o manifestou en dous informes, “a deficiente prestación” no servizo e “deixamento na conservación e mantemento” en sete xardíns históricos da cidade –Méndez Núñez, San Carlos, Campo da Leña e praza das Atochas, Obelisco, praza da Fariña, praza do Libro e cemiterio de San Amaro–, que presentan mal estado de conservación, falta de poda en árbores e arbustos, mal estado do céspede ou falta de limpeza da vexetación adventicia, entre outras, como se constatou en base ás inspeccións realizadas. Estas deficiencias, que “afectan practicamente a todo o ámbito territorial do contrato”, son a causa da imposición dunha segunda infracción grave.

O Goberno local advertiu e xa sancionou á concesionaria en ocasións anteriores por moitas das deficiencias que volven recoller os últimos informes –unha leve de 800 euros e outra moi grave de 6.001 euros– sen que a imposición destas penalizacións significasen un cambio de actitude por parte da empresa nin un intento por corrixir as deficiencias detectadas. Debido a esta experiencia, o Goberno local decidiu iniciar o proceso para resolver o contrato, acolléndose así á penalización máis alta estipulada nos pregos do contrato.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...