Home » cuadro noticias » Currently Reading:

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

Octubre 30, 2015 cuadro noticias No Comments

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán, desenvolve este proxecto a través do Servizo Municipal de Educación.

O programa vai dirixido a titulados en ciclos medios de FP y desenvolverase, ata xuño de 2017, en dúas convocatorias. A primeira, para 30 participantes, está encamiñada a estudantes que remataron os seus estudos de ciclos medios de FP en xuño de 2015 ou que vaian a rematar en decembro deste ano. A segunda convocatoria, de 20 prazas, está reservada para estudantes que titulen en xuño de 2016.Para poder participar, os candidatos teñen que obter o título do seu ciclo de FP en algún dos centros públicos do municipio ­­CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz ou nos centros concertados Fogar de Santa Margarida, Grande Obra de Atocha, Liceo la Paz ou Centro de Formación da Cruz Vermella, que son os que participan como socios no programa­­.

A inscrición correspondente á primeira convocatoria abrirase durante o mes de novembro. O proceso de selección dos participantes levarase a cabo durante decembro e xaneiro. Desta forma, os participantes poderán facer as súas prácticas durante marzo, abril e maio de 2016. Para a escolla de do alumnado teranse en conta as cualificacións obtidas nos estudos, a valoración que faga o centro de cada solicitante e o resultado dunha entrevista persoal que se fará a través dunha Comisión de Valoración no que estarán representados o Servizo Municipal de Educación e os centros educativos participantes. O coñecemento de idiomas estranxeiros tamén se terá en conta, pero non é requisito imprescindible. A inscrición poderá facerse a través dunha ficha que estará dispoñible no seu momento na web educativa do Concello, w ww.edu.coruna.es

Para explicar ás características, dotación e condicións das bolsas, técnicos do Servizo Municipal de Educación ofrecerán durante este novembro diferentes charlas nos centros para desta maneira facilitar aos interesados toda a información necesaria.

As 50 bolsas distribúense da seguinte maneira: 7 prazas para Reino Unido (Portsmouth ou Belfast); 8 para Irlanda (Cork ou Dublin); 15 para Italia (Roma e Florencia); 5 para Austria (Viena); 10 para Portugal (Lisboa) e 5 para Polonia (Cracovia).

As bolsas inclúen todos os gastos, xa que cubren as viaxes de ida e volta, o aloxamento e un seguro de accidentes e sanitario. Ademais, os participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía, que oscilará entre os 600 e os 1.000 euros dependendo do país de destino. O Concello tamén se encarga de organizar as viaxes, os aloxamentos para os participantes e a búsqueda de empresas onde facer as prácticas.

Este é o cuarto programa destas características e o número de participantes até agora é de 87. O primeiro (curso 2012­13) beneficiou a 5 titulados en ciclos superiores de FP. No segundo, correspondente ao curso 2013­14, participaron 30 estudantes de ciclos superiores de Formación Profesional, e ao terceiro (2014­15), acolléronse 52 titulados en ciclos medios de FP.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...