Home » coruna » Currently Reading:

O Concello limita o rego dos parques e xardíns e a limpeza con auga das rúas “ao mínimo imprescindible” ante o risco de seca

noviembre 20, 2017 coruna No Comments

O Concello está a adoptar, por mor da situación de risco de seca, distintas medidas de aforro de auga, entre as que se conta, desde esta mesma fin de semana, a redución ata o mínimo imprescindible do rego en parques e xardíns e tamén da limpeza de rúas con auga. Deste xeito, e como indica a concelleira de Medio Ambiente, María García, unicamente se manterá para estas tarefas unha máquina baldeadora na zona de maior concentración hostaleira da zona centro entre o xoves e o domingo, dada a afluencia de público e de actividade destas rúas nas fins de semana, e outra baldeadora para resolver no resto da cidade incidencias puntuais que precisen desta clase de limpeza. “As medidas que se manteñen son, unicamente, aquelas que resultan necesarias para ter a cidade en condicións de limpeza e salubridade”, observa a responsable municipal de Medio Ambiente, quen pon de relevo que as medidas de restrición si supoñen a eliminación do baldeo do programa de coidado intensivo do espazo público ‘A Pé de Barrio’, que mantén activos o resto de intervencións, incluídas as de limpeza,sebenenseco.

As medidas empezaron a aplicarse este mesmo xoves e no que ten que ver coas zonas verdes, a racionalización do consumo de auga leva a limitar o rego ao mínimo imprescindible, “o que fundamentalmente atinxe ao arborado novo”, sinala García, que lembra que a situación de humidade no ambiente nesta época do ano permite asumir estas limitacións. Da mesma maneira, o consumo das fontes ornamentais e elementos deste tipo está a verse restrinxido, para minimizar o gasto innecesario. Xunto a estas, o Concello vén de adoptar outras medidas, de común acordo cos concellos da área metropolitana, para reducir o gasto de auga dada a situación de alerta de seca, entre elas o control de consumos en edificios e instalacións municipais e o control das perdas da rede de abastecemento, de cara a poder minimizalas. Do mesmo xeito, o Concello chama tamén aos veciños e veciñas a ter un consumo responsable que axude a manter as reservas.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...