Home » coruna » Currently Reading:

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición para a VI Carreira Popular dos Rosales, que se celebrará o vindeiro domingo 3

noviembre 27, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén aberto o prazo para participar na VI Carreira Popular dos Rosales, que se celebrará o vindeiro 3 de decembro. A proba, que terá situada a meta e a saída na rúa Manuel Azaña, conta cun circuíto, no caso da categoría absoluta, de 6.465 metros. As e os participantes percorrerán un trazado arredor do barrio, pasando pola rolda de Outeiro, avenida Fernando Suárez, O Portiño, a estrada dos Fortes e a rúa Alfonso Rodríguez Castelao, na que encararán os últimos metros antes de regresar a Manuel Azaña. Todas as persoas que desexen participar nesta carreira poderán formalizar a súa inscrición até o ás 23.59 horas do mércores 29 de novembro tanto a través da web www.coruna.gal/carreiraspopulares como de forma presencial na oficina de Viaxes El Corte InglésenavenidadeRubine,no3-5,de09.30a14.00horasede16.30a20.00horas.

Para as persoas que non estean inscritas no Circuíto de Coruña Corre, a súa cota de inscrición será de 2€ –agás para as e os menores de idade, que é gratuíta– mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será de 1€. Os dorsais poderán recollerse no polideportivo do barrio o sábado 2 de decembro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o domingo 3 até unha hora antes do inicio de cada carreira, que comezarán ás 10.30 horas. Ademais, no recinto municipal estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.

Por outra banda, o goberno local lembra que se mantén aberto tamén o prazo de inscrición para participar no Circuíto de Carreiras Populares –ao que pertence a proba dos Rosales–, e que se poderá formalizar até a terceira proba da tempada, que terá lugar o 14 de xaneiro no barrio de Matogrande, posto que para poder puntuar no programa, é necesario participar en 5 das 7 probas da serie. Os prezos deste tempada son os mesmos respecto aos dous últimos anos, sendo a cota de 10€ para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíta para as e os menores de idade, e de 7€ para o colectivo con bonificación –persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove–.

Toda a información sobre as categorías, sistema de clasificación e premios está dispoñible no regulamento do circuíto municipal Coruña Corre, que se pode consultar na páxina web www.coruna.gal/carreiraspopulares

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...