Home » coruna » Currently Reading:

O Concello participa en Bruxelas no encontro da Startup Europe Regions Network como paso previo á adhesión a esta rede, co obxectivo de “poñer ao sector local e comarcal do emprendemento emerxente innovador no marco internacional”

Junio 19, 2017 coruna No Comments

O Goberno local, a través da Concellería de Emprego e Economía Social, iniciará o proceso para a adhesión formal da cidade na Startup Europe Regions Network (SERN), unha rede que funciona a nivel europeo desde o ano 2015 co propósito de reforzar e impulsar o ecosistema europeo de Start Up. Dela forman parte unha quincena de países –entre os que se contan Reino Unido, Finlandia, Irlanda, Francia e Alemaña, pioneiros a nivel europeo como ‘startup hubs’–, e están representados entes de carácter rexional ou supralocal. Persoal municipal participou esta semana no encontro da SERN, promovido pola Comisión Europea e celebrado en Bruxelas, como paso previo a iniciar a adhesión, despois de comezar este ano os contactos para entrar a formar parte desta rede internacional. “Entendemos que pode axudar a poñer a todo o sector do emprendemento emerxente innovador, local e comarcal, no marco europeo e internacional”, sinala o concelleiro de Emprego e Economía Local, Alberto Lema, quen fai notar que a adhesión dará acceso “ás mellores prácticas que se están dando a nivel internacional, e facilita, ademais, o acceso a fondos estruturais europeos”, en concreto, do programa Horizon 2020, de apoio e promoción á innovación. Como tamén lembra, A Coruña está recoñecida desde 2012 como ‘cidade da innovación’ –cunha renovación do recoñecemento no 2016– e forma parte doutras redes como é, a nivel estatal, a Rede Impulso.

“A Coruña conta cun tecido de I+D+i solvente, con sectores punteiros vinculados ás tecnoloxías cun importante potencial de crecemento, e tamén vinculado coa Universidade”, indica o responsable municipal, que salienta que o Concello está impulsando a constitución dun marco metropolitano “encamiñado a facer fronte aos retos económicos da contorna, que só se poden encarar de xeito conxunto e cun enfoque metropolitano, rexional e mesmo internacional”. “Neste marco, os concellos que traballamos na conformación da área da Coruña apostamos por unha economía competitiva, algo que pasa polo desenvolvemento sostible e a economía das persoas, pero tamén, sobre todo, pola innovación e polo pulo ao emprendemento emerxente”, sinala.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...