Home » coruna » Currently Reading:

O Concello pon en marcha un novo sistema de acceso á Torre de Hércules para axilizar a entrada e mellorar a experiencia na visita

junio 29, 2018 coruna No Comments

​O Concello habilitará o vindeiro luns un novo sistema para o acceso á Torre de Hércules co obxectivo de facelo máis áxil e ofrecer unha mellor experiencia aos e ás visitantes. Dende o 2 de xullo, as ​entradas estarán á venda no Centro de Información e Atención ao Visitante (CIAV), no que se acondicionará un espazo na zona central, entre o centro de interpretación e a oficina de turismo. Xunto con esta modificación introducirase o uso dun novo programa informático de venta e xestión de entradas deseñado ​ad hoc que permitirá xestionar as visitas por franxas horarias, ademais de controlar a hora de entrada e saída das persoas visitantes e recoller datos de interese estadístico. “Esta información axudará a facilitará a xestión, tanto para o persoal que traballa na recepción do monumento, como do novo punto de venda de entradas”, indica o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, tamén presidente do Consorcio de Turismo.

A actuación completarase coa instalación dunha nova sinalización no entorno do CIAV, coa finalidade de informar ás e aos visitantes de que poden adquirir a súa entrada antes de achegarse ata a recepción da Torre de Hércules. Ademais, está previsto introducir a modalidade de pago con tarxeta, un servizo cada vez máis demandado polas persoas que se achegan a coñecer o monumento Patrimonio da Humanidade.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...