Home » coruna » Currently Reading:

O Concello pon en marcha un programa con rapazas e rapaces para dinamizar os mercados municipais e fomentar bos hábitos alimenticios

Mayo 19, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Emprego e Economía Social pon en marcha unha nova campaña de dinamización nos mercados municipais que consiste na organización dunhas visitas didácticas guiadas destinadas a rapaces e rapazas de curta idade. O programa, segundo explica o concelleiro da área, Alberto Lema, ten como obxectivo “crear uns bos hábitos alimenticios na poboación infantil, familiarizando aos máis pequenos e pequenas cos alimentos de calidade que se venden nos nosos mercados”.

“A finalidade desta campaña é a de inculcar na xente máis nova a importancia dunha alimentación equilibrada, fomentando hábitos axeitados mediante o xogo”, engade Lema, en referencia a que os e as rapazas participantes nas visitas poderán preparar un menú cos produtos que se atopan nos diferentes postos dos mercados municipais.

O programa está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos que se dispoñerán en dous grupos, o primeiro entre os de 4 a 6 anos e o segundo entre 7 e 12. Cada grupo estará composto como máximo por 10 persoas. As visitas guiadas levaránse cabo nos seguintes mercados municipais, sempre en horario de 11.00 horas a 14.00 horas e nas seguintes datas :

· Mercado das Conchiñas – Grupo 2: o 20/05/2017

· Mercado de San Agustín – Grupo 2: o 20/05/2017
· Mercado de Elviña
– Grupo 1: o 27/05/2017

– Grupo 2: o 03/06/2017
· Mercado de Monte Alto.
– Grupo 1: o 27/05/2017
– Grupo 2: o 03/06/2017
· Mercado da Praza de Lugo – Grupo 1: o 10/06/2017
– Grupo 2: o 17/06/2017

Para apuntarse, os pais e as nais deberán de cubrir unhas fichas de inscrición que se atopan nas conserxerías dos mercados municipais. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...