Home » coruna » Currently Reading:

O Concello pon en marcha un proxecto piloto que vincula a economía social coa xestión de residuos a través da elaboración de bolsas da compra con lonas informativas recicladas

noviembre 21, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou un proxecto piloto impulsado polo Concello e desenvolvido coa colaboración da Fundación Adcor, que vincula a economía social e xestión de residuos, a través da reutilización das lonas que se empregan desde diferentes áreas do Concello como material para a produción de bolsas a empregar nos mercados municipais. “Este tipo de iniciativas teñen tres pés, que pasan pola sensibilización en materia ambiental para a redución de residuos e o aforro de recursos, ofomentodeiniciativasdeeconomíasocialnacidadeeareutilizacióndesesmateriais, como as lonas informativas, que teñen moito valor e a posta en valor desde a perspectiva social, dandoalternativasdeempregoacolectivosconmaiordificultadedeacceso”,destacou.

Nesta primeira fase, a iniciativa serviu para a fabricación de 600 destas bolsas recicladas, que como indicou a responsable municipal servirán para probar o seu deseño e, igualmente, para someter a exame a forma de produción, “para ver que modelo facilita a implicación de persoas que se atopan nun proceso de formación, e se se pode converter nunha alternativa laboral”. “Agardamos que se continúe e se reproduza no futuro”, avanzou, indicando que o segundo paso será facer un convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación Adcor para a entrega de lonas que permita á entidade aumentar a produción, grazas a contar con materia prima o número de horas de formación en talleres, para desenvolver de forma autónoma outro tipo de produtoscomercializables cos que xa están probando –desde marcapáxinas, chaveiros, carteiras, fundas de libretas, diferentes tipos de bolsa, etc.– para a súa comercialización, ou outro tipo de convenios de colaboración para que as bolsas poidan ser vendidas nos mercados municipais para favorecer a redución de uso de bolsas de plástico. “Abordemos a prevención de residuos, a reutilización, a reparación e a reciclaxe, e fagámolo xa desde as casas”, defendeu a responsable de Medio Ambiente, que salientou que este tipo de iniciativas de economía social e circular representan “un interese que temos desde o Concello como un sector con potencial e en expansión”. Como tamén quixo destacar, o resultado desta iniciativa ten ademais o valor engadido de amosar “o magnífico traballo de ilustradores e ilustradoras da cidade”, xunto coa calidade e alta resistencia das bolsas.

Tal e como sinalou García, que na rolda estivo acompañada polo concelleiro de Emprego e Economía Social, e responsable da área de Mercados, Alberto Lema, e pola concelleira da Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, ademais de por representantes e persoas usuarias do centro ocupacional da Fundación Adcor, a iniciativa enmárcase na Semana Europea da Prevención de Residuos –que se celebra entre o 18 e 26 de novembro–, “e que ten como obxectivo prioritario de chamar á reflexión e a sensibilizacións sobre a produción de residuos”. García remitiuse tamén á Directiva Europa 2015/720 e ao real decreto que entrará en vigor a partir de xaneiro de 2018 e que obrigará a que as bolsas de plástico que se distribúen en todo tipo de comercios do Estado teñan un custo económico. Segundo sinalou, esta medida adáptase á normativa estatal con anos de atraso respecto a outros países europeos, como Francia, Italia ou Suecia, “que xa optaron por iniciativas moito máis esixentes ao respecto para disuadir do emprego indiscriminado das bolsas de plástico”, e que empraza ás diferentes administración a poñer en marcha campañas de sensibilización sobre a necesaria redución e prevención de residuos. Tal e como indicou a concelleira, con este proxecto o Concello quere poñer o foco sobre a necesidade de reducir as bolsas de plástico na vida cotiá, colaborar na sensibilización e incentivar a súa reutilización.

Este novo proxecto de economía social supón, incidiu García, a cuarta integración da economía social na xestión de residuos que se pon en marcha desde o Concello, despois da recollida de roupa en colaboración con Padre Rubinos, da recollida de aceite con Mulleres Colleiteiras e do proxecto de creación de parasoles con lonas municipais, coa participación da asociación Acopros, e entronca coas xornadas impulsadas en abril do ano pasado pola Concellería de Medio Ambiente ‘+que Residuos’ sobre a economía social na xestión municipal dos residuos. A concelleira tamén puxo en valor a traxectoria e o traballo da Fundación Adcor, “unha entidade que apoia a persoas con discapacidade desde distintos ámbitos e, neste caso, coas áreas de formación e emprego”, dixo.

Na rolda de presentación interveu, como representante de Adcor, Cristina Crespo, responsable do centro ocupacional 1 da fundación, que expuxo o proceso de elaboración das bolsas, desde a recollida do material ata pensar os deseños e a súa execución, “un proceso no que interveñen directamente todas as usuarias do centro ocupacional”, un equipo formado por medio centro de persoas. Pola súa parte, o concelleiro Alberto Lema, indicou que estas primeira bolsas repartiranse nos mercados municipais coruñeses, “no interese que temos por que estes engadan aos seus valores os da economía e o consumo responsable, así como o da proximidade do comercio verde”.RocíoFraga,concelleiradeIgualdadeeDiversidadeepresidentadaFundación Adcor, salientou durante a súa intervención o “traballo transversal realizado polas diferentes áreas do Concello para sacar adiante iniciativas coma esta”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...