Home » Trafico » Currently Reading:

O Concello porá en marcha este domingo un dispositivo especial de tráfico pola celebración do XI Tríatlon Cidade da Coruña

mayo 27, 2017 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible ten previsto poñer o próximo domingo, 28 de maio, un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración da XI edición do Tríatlon Cidade da Coruña. A competición, que comezará ás 09.00 horas da mañá, terá a súa saída, meta e zona de transición na Dársena da Mariña. O primeiro segmento da proba será na mesma Dársena, mentres que o segundo treito, que as e os participantes percorrerán en bicicleta, desenvolverase entre Porta Real, avenida de Montoto, avenida da Marina, Cantóns, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, Avenida do Exército e a glorieta da Ronda de Outeiro situada baixo o viaduto da avenida do Exército, o que provocará o peche ao tráfico deste circuíto. Por último, o terceiro segmento do XI Tríatlon Cidade da Coruña será a carreira a pé, e celebrarase entre o paseo do Parrote e o Paseo Marítimo até o edificio da Hípica polo carril bici e zona peonil, polo que non producirá afección ao tráfico.

Ante o peche do circuíto entre Porta Real e a Ronda de Outeiro –a partir das 08.30 horas– darase conexión entre a avenida do porto coa avenida Alfonso Molina polos carrís máis próximos ao peche do porto, habilitando un carril para cada sentido de circulación. Cambiarase, ademais, o sentido de circulación de Santa Catalina, polo que o tráfico sairá cara a San Andres. Mentres, en Linares Rivas, desde a praza de Ourense ata Alfonso Molina, manterase o carril dereito, sentido saída da cidade, ao igual que en Primo de Rivera, desde o estacionamento até Ramón y Cajal.

A realización da proba tamén provocará o corte da AC-12, avenida da Pasaxe, no sentido entrada á cidade á altura do CHUAC, desviándose todo o tráfico, entre as 08.30 e as 13.30 horas, cara ao enlace de Casablanca. Este corte levantarase, á vez que se recupera o tunel dos Castros até a Casa do Mar e Ramón y Cajal de 13.30 a 15.00 horas. Por último, o tráfico manterase no vial do porto desde Oza, pero cortarase a saída cara o cruzamento da Casa do Mar.

En relación ao transporte público urbano, o desenvolvemento da proba provocará modificacións nos itinerarios das liñas de autobús 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A. Desde Catro Camiños, e en dirección cara a Porta Real, desviaranse por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense, avenida do Porto, túnel do Parrote e praza das Ánimas, continuando a 5 e 17 pola súa ruta habitual. As demais –1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A– terán neste punto, e durante a proba, a cabeceira de liña para volver, a continuación, polo túnel do Parrote, avenida do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina, Paxariñas e Catro Camiños, desde onde cada unha delas retomará o seu itinerario.

Pola súa banda, a liña 17, en sentido de circulación cara ao CHUAC, desde o Abente e Lago baixará á Praza dás Ánimas para continuar polo túnel do Parrote, avenida do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina, Paxariñas, Catro Camiños e avenida de Oza ata Os Castros, onde retomará o itinerario habitual. Cómpre lembrar tamén que a liña 14 circulará, desde Os Castros, pola avenida de Oza, dado que a avenida do Exército estará ocupada pola proba de ciclismo.

As liñas 3 e 7, ao non poder circular por Santa Catalina, continuarán por San Andrés, rúa Alta, Paseo Marítimo, Hospital, San Roque, Campo da Leña, Praza das Atochas, Orillamar, Paseo Marítimo, Abente y Lago e Maestranza, onde recuperarán a súa ruta. No seu caso, a liña 3A, no sentido de circulación Adormideras – praza de Pontevedra e desde o Abente y Lago, circulará polo Paseo Marítimo, Orillamar, Campo da Leña, Panadeiras e San Andrés, incorporándose na praza de Pontevedra ao seu itinerario.

Finalmente, as liñas 21 e 24 circularán por Federico Tapia, praza Galicia e Francisco Mariño, facendo cabeza de liña en Juan Floréz, á altura do número 10. Cara a Novo Mesoiro circularán por Juan Flórez e San Pedro de Mezonzo, para incorporarse ao seu percorrido habitual.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...