Home » coruna » Currently Reading:

O Concello presenta no Salón de Gourmets 2018 de Madrid a primeira edición do Festival SAL, “que nace con vocación de promocionar A Coruña como referente do turismo gastronómico do noroeste”

mayo 10, 2018 coruna No Comments

​O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo, presentou este mércores en Madrid, no marco do Salón de Gourmets 2018, o Festival SAL Sabores Atlánticos, que celebrará a súa primeira edición os vindeiros días 15,16 e 17 de xuño e que pretende “promocionar a cidade como referente do turismo gastronómico do noroeste peninsular”.

Oevento, queimpulsaoConcellocontacoacolaboracióndemarcascomoCabreiroáouEstrella Galicia 1906, “trata non só de poñer en valor a oferta gastronómica da figura senón tamén a figura dos e das produtoras tanto da cidade como da Área Metropolitana”. Así o destaca o presidente do Consorcio de Turismo e concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que salienta que “a oferta gastronómica da cidade é un dos nosos máis fortes reclamos, non só pola calidade da nosa cociña senón tamén pola dos nosos produtos, por iso este evento servirá tamén para destacar o sector produtivo”. Deste xeito, e como indica o responsable municipal, “a restauración da Coruña terá un papel relevante no festival para expoñer a actual cociña da cidade, na que se dá cabida tanto á tradición como aos novos formatos e que reivindiquen a nosa gastronomía atlántica de carácter único”.

Durante a presentación, á que acudiu á xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, e que se desenvolveu no stand oficial de Estrella Galicia, deuse a coñecer o ​spot ​oficial do evento, que xa se pode visualizar na web ​www.festivalsal.es​. A continuación, dous cociñeiros, o Estrela Michelin Iván Domínguez (Restaurante Alborada e Arallo Taberna) e Javi Freijeiro (con Pracer, novo proxecto gastronómico, a piques de abrir as portas) participaron nun ​showcooking​. Os dous membros do colectivo Coruña Cociña, co que o Concello colabora en diversas accións de promoción turística e gastronómica da cidade, elaboraron espárragos brancos recén cocidos á feira e xarda asada e afumada con agullas de piñeiro, puré de coliflor e fiúncho encurtido. Ao finalizar o ​showcooking ​tivo lugar unha degustación de produtos para todas as persoas asistentes.

O Festival SAL Sabores Atlánticos terá lugar o vindeiro mes de xuño na explanada do Parrote e contará con exhibicións de cociña a cargo de profesionais de primeira liña e Estrelas Michelin de todo o Estado e do panorama internacional. Durante os tres días de celebración do festival o público poderá gozar da oferta dos locais de restauración da cidade inscritos no festival, así como da oferta dos ​food trucks​, degustacións, catas, obradoiros de cociña, charlas e actividades infantís, entre outras.

Este novo festival será o marco para dar máis visibilidade ás persoas produtoras e cociñeiras da rexión atlántica, de forma que se amplíe a oferta de actividades gastronómicas da cidade. “Este evento vén completar outras citas destacadas da cidade, algunhas de impulso municipal como o Boucatise, as xornadas Lacónicas ou o concurso de tapas Picadillo, ou outros que acollemos e cos que colaboramos como o Fórum Gastronómico, o Bo en Boca ou o Sherry Festival, que non só atraen a un destacado número de visitantes senón que serven para aportar dinamismo ao sector”, incide Lema.

Na páxina web do Festival SAL Sabores Atlánticos, ​www.festivalsal.es atópase toda a información para a inscrición de locais de restauración e ​food trucks ​da cidade que aínda queiran participar. O prazo de inscrición remata o vindeiro 11 de maio.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...