Home » coruna » Currently Reading:

O Concello presentará as súas iniciativas baseadas na natureza para a mellora da calidade ambiental e urbana no congreso internacional que acolle a cidade a vindeira semana

mayo 10, 2018 coruna No Comments

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou o simposio europeo que acollerá a cidade a próxima semana, entre os días 16 e 18 de maio, e no que se abordarán solucións baseadas na natureza que contribúen a mellorar ou solucionar problemas das cidades. Nesta convención, o Concello, que é institución colaboradora, participará “para amosar exemplos dos diferentes proxectos que está levando a cabo e que teñen que ver con estas solucións nas cidades”, tal e como avanzou García, que nomeou, entre eles, “a aposta decidida para remediar as verteduras residuais a cursos fluviais e litorais, o plan de expansión do arborado, a protección das áreas de maior naturalidade da cidade, como son os Espazo Natural de Interese Local (ENIL) das illas de San Pedro e a Torre de Hércules, ou as hortas urbanas, un xeito de reverdecer a cidade e aportar oportunidades de lecer, puntos de encontro e e de creación de comunidade, así como un xeito de producir alimentos de quilómetro cero”. A convención, que se celebra na Fundación Barrié de la Maza e que ten por nome ​Horizon 2020 european dialogue and clustering action. Transforming cities, enhancing well-being: Innovating with nature-based solutions​, reúne a 160 participantes, persoas expertas en planificación sostible e o deseño de infraestruturas verdes de centros de investigación, empresas pioneiras do sector e representantes de cidades europeas e asiáticas que teñen en marcha diferentes solucións, como indicou a coordinadora do evento, Adina Dumitru, que dirixe do grupo de investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, que organiza o simposio.

“Trátase dun gran evento internacional que analiza as solucións que se implementan nas cidades e teñen a súa base na ecoloxía, na natureza urbana e na biodiversidade e que contribúen a cumprir diferentes obxectivos a problemas que se detectan nas cidades. Son intervencións destinadas a naturalizar as cidades e que poden contribuír a paliar problemas, xa non só de calidade ambiental e de contaminación, senón tamén aqueles que teñen que ver coa saúde das persoas, co seu benestar físico e psicolóxico, coa creación de oportunidades de lecer e de comunidade. Son solucións que nos axudan a diminuír riscos ambientais como poden ser as inundacións, que os axudan a aforrar custos económicos e, por suposto, axudan de maneira decida a adaptarnos ao cambio climático, que está aquí para quedarse”, indicou a concelleira. Neste sentido, lembrou que o Goberno local participa no proxecto Connecting Nature -que tamén colabora na organización do simposio- xunto a Universidade da Coruña e 27 países máis, unha iniciativa “que foi seleccionada o pasado ano pola Unión Europea dentro dos proxectos Horizonte 2020, que son grandes proxectos de investigación para os que destina 11 millóns de euros durante cinco anos”. Dumitru explicou que o encontro, que se fai en colaboración coa Comisión Europea, reúne a todos os grupos gañadores destes proxectos Horizonte 2020, agrupados baixo o nome Think Nature. “A Coruña considerouse o mellor sitio para facela polo traballo dende a Universidad e xunto ao Concello consiste en crear un marco de referencia europeo para avaliar estar solucións baseadas na natureza e decidir que tipos de efectos ten implementar estas iniciativas”, indicou. Durante as xornadas, ademais das experiencias da cidade, abordaranse as de cidades europeas como Londres, París, Tampere, Málaga ou Boloña, ata sumar máis dunha vintena.

A concelleira de Medio Ambiente animou á cidadanía a tomar parte tamén desta convención, que ten abertas para o público xeral as primeiras charlas da mañá de cada xornada con tradución simultánea dende o inglés dispoñible, para despois continuar reunións, presentacións e grupos de traballo internos. “Son charlas moi interesantes nas que se falará, na primeira xornada, de como adaptar as cidades ao cambio climático, con exemplos de experiencias que están en marcha noutros países. No segundo día tratará sobre a creación dun marco de referencia sobre o efecto destas solucións baseadas na natureza e a do venres abordará o financiamento e os modelos de negocio en torno a estas solucións”, apuntou. Tanto García como Dumitru destacaron o “gran interese” que espertaron as xornadas entre as cidades e os e as expertas na materia, xa que están cubertas as 160 prazas dispoñibles e hai unha lista de espera ata as 250 inscricións.

O Concello organiza ademais tres rutas para as persoas inscritas na xornada, nas que se amosarán algunhas das iniciativas postas en marcha polo Goberno local. A primeira delas serán na área natural do ENIL da Torre de Hércules, “un espacio protexido urbano, onde se compaxina co uso e o disfrute público”, a segunda no Parque de Eirís, onde se xuntan catro proxectos como son o plan de expansión de arborado, as hortas urbanas, a naturalización do estanque e a area canina e da oportunidade a explicar os Orzamentos Participativos, e a terceira unha ruta en bicicleta pola fachada atlántica da Coruña, dende o Parrote ata a coiraza e que vai pasando por proxectos como o plan de vertido cero, bandeiras azuis, o sendeiro atlántico e o patrimonio cultural e natural protexido.

Comment on this Article:







*