Home » coruna » Currently Reading:

O Concello realizará labores de mantemento e limpeza nos túneles da cidade durante as noites dos días 12 ao 15 de xuño

junio 11, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, área que dirixe o edil Xiao Varela, realizará desde do vindeiro luns, 12 de xuño, até o xoves día 15, traballos de mantemento e limpeza no sistema de túneles da cidade. Estas intervencións, que se realizarán en horario nocturno para minimizar o impacto desta actuación na vida cotiá da veciñanza, terán lugar nos viarios soterrados de María Pita, Mariña e Parrote, da praza de Pontevedra, Praza de Lugo, Enrique Salgado Torres, Eduardo Diz e da Terceira Rolda, polo que o Goberno local recomenda á cidadanía empregar itinerarios alternativos aos habituais durante as xornadas que teñan lugar as labores de mantemento. Para estes traballos de limpeza, no que se contarán con equipos e vehículos especializados, usaranse deterxentes biodegradables e unha cantidade aproximada de 80 metros cúbicos de auga.

Así, nas noites desde o luns 12 até o xoves 15, os distintos viarios sufrirán cortes totais ao tráfico entre as 23.00 e as 07.00 horas, momento no que se recuperará a circulación en todo o sistema de túneles. Na noite o día 12, o primeiro corte total producirase no viario de María Pita-Mariña-Parrote, excepto para a entrada e saída do estacionamento de María Pita pola boca da Mariña. O acceso ao aparcadoiro do Parrote será, pois, a través da superficie, e no do Palexco cortarase o acceso desde a avenida do Porto, permitindo a saída.

O día 13, o tamén desde as 23.00 horas, non estará permitida a circulación no viario María Pita-Mariña-Parrote, excepto para o estacionamento de María Pita, que terá a súa entrada e saída pola praza das Atochas. Como na noite anterior, o acceso ao aparcadoiro do Parrote será pola superficie e non estará habilitado o acceso ao estacionamento do Palexco desde a avenida do Porto. Ademais, desde as 03.00 e até as 07.00 horas, momento no que se reestablecerá o tráfico en todo o sistema de túneles, cortarase o acceso ao viario soterrado da praza de Lugo, excepto para a entrada e saída das persoas usuarias do estacionamento, polo que se colocarán señalistas á entrada do túnel para colaborar con este acceso.

Na noite do 14 de xuño, cortarase o acceso ao tráfico do túnel Enrique Salgado Torres, sentido centro comercial, desde as 23.00 até as 03.00 horas, momento no que se abrirá este sentido de circulación, e pecharase o sentido cara a AC-14, desde as 03.00 e até as 07.00 horas. Esa noite tamén estará pechado a circulación o viario soterrado da praza de Pontevedra desde as 23.00 horas até as 07.00 horas na saída cara a praza de Pontevedra, mentres que si permanecerá aberta a saída cara ao Paseo Marítimo.

Finalmente, na noite do día 15, producirase un corte no túnel da praza de Pontevedra, saída praza de Pontevedra –coa saída cara ao Paseo Marítimo aberta–, entre as 23.00 e as 02.00 horas. A partir deste momento, producirase o corte total do viario até as 07.00 horas, e o acceso ao aparcadoiro realizarase por Juana de Vega e Praza de Mina. Esta noite tamén terá lugar o corte total do viario soterrado Eduardo Diz –accesos pola rúa Severo Ochoa e avenida de San Cristóbal– desde as 23.00 até as 04.00 horas, e producirase un estreitamento de calzada no túnel da Terceira Rolda desde as 03.00 até as 07.00 horas, con tráfico habilitado cara a ambos sentidos do viario soterrado.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...