Home » coruna » Currently Reading:

O Concello recibe 320 solicitudes para a concesión dunha parcela nas ecohortas urbanas de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Eirís

marzo 14, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Medio Ambiente recibiu un total de 320 solicitudes para facer uso das parcelas das ecohortas urbanas situadas nos barrios de Novo Mesoiro, Agra do Orzán e Eirís, tras o peche onte, 12 de marzo, do prazo dispoñible para facer a petición. Estas tres novas áreas de hortas urbanas contan con 217 parcelas, unha parte delas reservadas para persoas xubiladas ou maiores de 65 anos, veciños e veciñas receptoras de rendas sociais e para asociacións sen ánimo de lucro e centros públicos de ensino dos distritos ou áreas colindantes. A concesión será por dous anos, pero pode prolongarse ate os tres, e está libre de abonar taxas.

Tras o peche do prazo de petición e a revisión das solicitudes, publicarase en 15 días a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para o que se terá en conta se a solicitude se axusta aos termos da convocatoria, se cumpre os requisitos e se os datos aportados son correctos. A continuación, abrirase un periodo de 10 días para reclamacións. Unha comisión integrada por persoal do Servizo de Medio Ambiente será a encargada de puntuar, segundo os criterios que se especifican nas bases, as solicitudes que superen este primeiro paso. As peticións que non obteñan máis de 10 puntos quedarán excluídas da convocatoria, mentres que o resto se incluirán no sorteo de adxudicación.

A construción das tres novas áreas de ecohortas, así como o seu deseño e a selección das ubicacións, formaron parte de procesos participativos. O proxecto incide no fomento da agricultura ecolóxica, polo que as persoas que reciban o terreo deberán cultivalo empregando técnicas ecolóxicas, obxectivo para o que contarán con programas de formación vinculados á xestión de hortas, produción ecolóxica e compostaxe comunitaria.

Toda a información sobre o proceso de adxudicación das parcelas destas tres ecohortas pode atoparse na páxina web http://www.ecohortas.coruna.gal

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...