Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Concello reforza desde hoxe o servizo de buses pola celebración de Todos os Santos

octubre 31, 2017 Uncategorised No Comments

O Concello establece, desde hoxe e durante o mércores, 1 de novembro, un dispositivo especial de buses pola celebración da festividade de Todos os Santos, para reforzar os servizos de transporte cara aos cemiterios municipais. Deste xeito, tanto mañá como o mércores as liñas 23 e 23A contarán con dous buses máis, de forma que a frecuencia combinada de ambas liñas será de 15 minutos, para comunicar o cemiterio de Feáns co resto da cidade. Ademais, para o mércores, 1 de novembro, está previsto reforzar a liña 3, que dá servizo aos cemiterios de San Pedro de Visma e San Amaro, e que terá unha frecuencia combinada co 3A de 15 minutos. Ao camposanto de Visma tamén darán servizo as liñas 12 e 14.

Pola súa banda, a liña 11, que conta cun percorrido transversal e con transbordo á totalidade de liñas, contará con dous buses adicionais ao longo da xornada do 1 de novembro, de xeito que prestará servizo cara a San Amaro cada 17 minutos. Tal e como recordan desde a Concellería de Mobilidade Sostible, este cemiterio está comunicado tamén a través das liñas 4, 5 6, 6A, 7 e 17, mentres que o de Oza, no Castrillón, está conectado cos barrios da cidade cos buses 1, 12A e 14. Ao cemiterio de San Cristóbal das Viñas darán servizo as liñas 5, 12A 2 22.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...