Home » coruna » Currently Reading:

O Concello reforza o servizo de recollida de residuos no centro durante o verán, que suma unha quenda diúrna e máis contedores

junio 30, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha o domingo o reforzo do servizo de recollida de residuos na zona centro da cidade, que estará activo ata finais de agosto “manter a limpeza da vía na zona de maior concentración hostaleira da cidade durante unha das épocas de maior consumo do ano”. A edil María García explica que durante xullo e agosto se introduce unha segunda quenda de recollida do lixo ao día, na que os e as hostaleiras poderán depositar os residuos entre as 15.00 e as 17.00 horas, que se suma á que se fai habitualmente de a partir das 22.00 horas. O reforzo inclúe tamén a colocación de 20 contedores estacionais máis –que se habilitarán só nas horas nas que está autorizado o depósito do lixo– na zona centro, dos cales 12 están destinados a materiais inorgánicos e 8 para orgánicos, e o uso de dos camións de recollida a maiores.

“Un ano máis mantemos este dispositivo, que vén suplir, por unha banda, as carencias de contedores nas rúas que máis locais de hostalaría concentran, e onde non se poden instalar máis colectores por falta de espazo, e, pola outra, a falta dun plan especial no actual contrato de recollida de residuos para a zona centro que axude a diminuír o seu impacto no espazo público”, explica García, que apunta que a nova licitación do contrato xa contempla medidas que dean solución “á pouca capacidade de recollida” na Pescaría. Mentres, o plan de reforzo, que ten un custe de 58.338 euros, duplica, nunha “época onde coinciden a maior afluencia de público, cun aumento do consumo e, polo tanto, dos residuos”, o sistema de recollida “co obxectivo de manter a limpeza do espazo público e dar solución tamén aos locais que non poden gardar un alto volume de residuos durante todo o día”.

A concelleira fai un chamamento tanto a cidadanía como ao sector hostaleiro para que respecten os novos horarios de recollida, que, como advirte, “se farán cumprir estritamente”, e convida a todos e todas a colaborar na xestión do lixo facendo unha correcta separación do mesmo.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...