Home » coruna » Currently Reading:

O Concello reforza o servizo de transporte público colectivo aos cemiterios pola celebración de Todos os Santos

octubre 31, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible activará este xoves, 1 de novembro, un dispositivo especial de cara a aumentar a cobertura do servizo de transporte público urbano na contorna dos cemiterios situados no termo municipal. Con motivo da festividade de Todos os Santos, o Concello prevé unha maior afluencia da cidadanía aos camposantos de San Amaro, San Pedro de Visma, Oza e San Cristovo das Viñas tanto na xornada de mañá, 31 de outubro, como o propio xoves 1.

Así, durante os días 31 e 1, reforzaranse as liñas 23 e 23A con dous autobuses, de xeito que a frecuencia combinada de ambas será de 15 minutos. Xa de cara ao xoves, reforzarase a liña 3, dando servizo aos cemiterios de San Pedro de Visma e de San Amaro, cunha frecuencia combinada, coa liña 3A, de 15 minutos. No caso de Visma, poderase chegar tamén mediante as liñas de transporte colectivo 12 e 14.

Do mesmo xeito, a liña 11, cun percorrido transversal da cidade –e con transbordo a todas e cada unha das demais liñas–, contará con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada que darán, á vez, servizo ao cemiterio de San Amaro cada 17 minutos. As restantes zonas da cidade comunicaranse con San Amaro a través das liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 17, mentres que o cemiterio de Oza contará coas liñas 1, 12A, e 14. Finalmente, as liñas 5, 12A e 22 darán cobertura ao camposanto de San Cristovo das Viñas.

Comment on this Article: