Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Concello remitirá esta semana ao xulgado os acordos municipais para executar a sentenza que declarou ilegal un edificio en San Roque, “unha nova mostra das consecuencias das malas prácticas urbanísticas do pasado”

octubre 18, 2017 Uncategorised No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, referiuse á situación do edificio de 16 vivendas situado na rúa San Roque de Afóra, e cuxa licenza foi anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no ano 2008. “Hoxe vemos como as malas prácticas no ámbito urbanístico de hai décadas teñen consecuencias complicadas no presente, tanto para as persoas propietarias como para veciños e veciñas e para a propia administración municipal”, lamentou Ferreiro, que sinalou este caso como “unha mostra máis das consecuencias da falta de coidado co urbanismo na cidade da Coruña”. Tal e como avanzou, o Concello remitirá esta semana ao xulgado os informes técnicos, a valoración e os acordos para para a execución da sentenza. “O que nos di o xulgado é que hai que cumprir a sentenza, e o único xeito é, ben derrubando o edificio ao completo ou adaptándose ao planeamento urbanístico vixente na actualidade (o PXOM de 2013), o que suporía eliminar arredor do 30% do volume do edificio”, indicou Ferreiro, quen advertiu tamén das últimas resolucións xudiciais ao respecto, que confirman que a solución que o anterior goberno municipal impulsou no ano 2015 “non era válida, e que hai que executara sentenza”.

Noutra orde de asuntos, e preguntado polo proceso de conformación da área metropolitana da Coruña, o alcalde emprazou ao PSOE e o PP a “apostar pola área metropolitana e pola cidade”. “Resulta curioso que o único Pleno que non aprobou formalmente o impulso á area metropolitana é o do Concello da Coruña, onde está, precisamente, o executivo que impulsou esta proposta, que é o coruñés. Isto non deixa de ser raro, xa que, en principio, parece que todos os concellos apostamos pola área metropolitana”. sinalou. “O PSOE de Galicia está levando ao Parlamento o impulso á área metropolitana; se o fai en Galicia, sería bo que se trasladase a importancia de que tamén se impulse aquí, na Coruña. Pola banda do Partido Popular, dous dos tres alcaldes da comarca –Abegondo e Carral– levaron aos seus plenos o impulso da Área Metropolitana e o aprobaron. Cústame aceptar que o PP queira para Vigo unha cousa e para A Coruña outra, tendo en conta que en Vigo apoiou a creación da Lei de Área Metropolitana, aínda cando, na práctica, o que vemos todos os días é que o PP non cre na cidade da Coruña, e isto é un síntoma máis”, reflexionou.

Preguntado sobre a reunión prevista para mañá, mércores, entre o Concello, a Xunta e ADIF en relación á estación Intermodal, o rexedor amosou o seu desexo de acadar un acordo. “Agardemos que mañá poidamos sacar o proxecto adiante. Na Coruña levamos moitos meses agardando pola Xunta, pero a falta de fe e escusas permanentes sobre a cidade levan a que o proxecto leve máis atraso do que nos gustaría”, censurou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...