Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Concello restaura o Memorial en homenaxe ás vítimas da represión franquista fusiladas no Campo da Rata

Mayo 18, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda remata nestes días os traballos de restauración da escultura en homenaxe ás vítimas da represión franquista fusiladas no Campo da Rata, un memorial deseño de Isaac Díaz Pardo. Desde a súa inauguración no ano 2001, a escultura perdera xa algúns dos seus elementos característicos, coincidindo cos de maior contido simbólico debido ás condicións climáticas, que practicamente decoloraron o azul cobalto (azul Sargadelos) co que están pintados os textos das inscricións conmemorativas e os poemas de García Lorca e Uxío Carré, que perderan completamente a maior parte do seu pigmento e se atopaban completamente decolorados. Do mesmo xeito, a cor vermella escura que debuxaba as pegadas dos impactos de bala e os fíos de sangue sobre pedra levaba xa anos completamente esvaecida e tamén fotografía incrustada na pedra perdera completamente a súa imaxe pola acción solar e pola solución técnica adoitada, xa que o vidro que a cubría facía de invernadoiro, producindo condensacións permanentes no seu interior. Os traballos tiveron un custo de licitación de 1.648 euros e desenvolvéronse ao longo da última semana.

Para que a reposición da fotografía teña un mellor e máis durable resultado, a restauración sírvese do importante avance nas técnicas de impresión sobre vidro, de maneira que a nova imaxe irá impresa e terá un aspecto idéntico ao da antiga fotografía enmarcada en vidro, pero con mellor resposta á luz solar e sen condensacións que reduzan a nitidez da imaxe e acurten a súa vida. En canto ás cores, como indican desde a concelleira de Rexeneración urbana, o grao exacto do azul cobalto acadouse a partir da análise de mostras extraídas dos restos de pintura que aínda quedaba e o vermello do sangue e a contorna exacta dos seus fíos recuperouse grazas á documentación fotográfica recompilada nos primeiros anos da escultura e baixo diferentes condicións de luz.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...