Home » Uncategorised » Currently Reading:

O Concello ultima as obras de urbanización que desenvolve no Ofimático, “e que xa están rematadas ao 90%”

enero 28, 2018 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Rexeneración urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, reuniuse cunha representación dos e das cooperativistas do parque Ofimático para informar da evolución dos traballos de reurbanización que desenvolve o Concello como paso previo necesario ao inicio da concesión de licenzas de primeira ocupación, que xa solicitaron tres cooperativas – a última, esta mesma semana– e para dar conta igualmente dos próximos pasos. Como recalcou, as obras municipais “están xa rematadas ao 90%”, unha vez concluída a pavimentación e a execución de beirarrúas, ademais da instalación dos centros de transformación, e dependen para poder pecharse definitivamente de que a compañía eléctrica Gas Natural Fenosa execute os traballos que ten pendentes para poder dotar de subministro ao polígono, como é a execución da conexión desde a zona da avenida de Monelos coa subestación de Eirís, ademais da retirada das e torres de media tensión no ámbito, necesarias para poder concluírse as obras de pavimentación neste punto.

Tal como expuxo o responsable municipal, o Concello está analizando, en paralelo á conclusión dos traballos, as solicitudes de licenza de primeira ocupación, tal e como se comprometera coas cooperativas, de cara a axilizar a tramitación e que as entidades poidan resolver as posibles deficiencias no tempo en que se realizan as obras imprescindibles, previas á concesión das mesmas. Nese sentido, o concelleiro sinalou que xa realizou a inspección técnica da primeira petición e elaborou os informes técnicos, e tamén requiriu a documentación complementaria, para ir completando o proceso ao tempo que se realizan os últimos traballos, “para que o Concello poida estar en disposición de outorgar as licenzas de ocupación no momento no que o Ofimático dispoña de todos os servizos pertinentes a todas aquelas que teñan todo o procedemento en orde”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...