Home » coruna » Currently Reading:

O embaixador de Estonia explicou na Deputación o proceso que converteu a este país na referencia dixital de Europa

noviembre 8, 2018 coruna No Comments

A Deputación da Coruña acolleu unha xornada sobre economía dixital organizada polo centro oficial de información da Comisión Europea Europe Directdentro do ciclo ““Europa na provincia da Coruña”, que ten como obxectivo difundir entre os técnicos e responsables políticos dos concellos coruñeses os programas de financiamento europeo existentes en diversas materias.

O encontro foi inaugurado polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que destacou que a transformación dixital da administración, a sociedade e as empresas “é unha revolución en marcha, que supón unha gran oportunidade para os países máis concienciados desta nova realidade”.

Neste sentido, Formoso lembrou que España ocupa o décimo lugar entre os 28 estados membros da UE no Índice da Economía e Sociedade Dixital (DESI) de 2018 e considerou necesario “seguir avanzando neste ámbito”, pero tendo en conta as consecuencias que a economía dixital pode ter sobre o emprego e o pequeno comercio.

“Nesta xornada contaremos con expertos de primeiro nivel que  contarán as súas experiencias no desenvolvemento da economía dixital como oportunidade para o desenvolvemento socioeconómico dun territorio”; segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, que citou os exemplos de Estonia e Finlandia neste ámbito.

 

As experiencias de Estonia e Finlandia, líderes europeos en dixitalización

O embaixador de Estonia en España, Rasmus Lumi, e a representante da embaixada finlandesa en España, Anabella Polo, explicaron a experiencia de ambos os dous países, considerados líderes europeos en procesos de dixitalización tanto na administración pública como no sector privado.

A xornada contou tamén coas intervencións de Xurxo Remuiñán, policy officer da Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxía, que detallou as ferramentas de financiamento europeo no ámbito da economía dixital, e de Carlos Vázquez Mariño, director de Solucións Tecnolóxicas de AMTEGA, que explicou o programa Primare para o aproveitamento da tecnoloxía na transformación do sector primario en Galicia.

O evento rematou cunha mesa redonda sobre boas prácticas no mercado dixital que contará con representantes de empresas tecnolóxicas, turísticas e do sector primario, que compartirán as súas experiencias nestes ámbitos.

Comment on this Article: