Home » Teatro Colon » Currently Reading:

O escenario do Teatro Colón énchese esta fin de semana de fantásticas pompas e burbullas

mayo 4, 2018 Teatro Colon No Comments

Este sábado 5 de maio ás 20:00h e o domingo 6 ás 12:00h, a área de Cultura da Deputación da Coruña programa no Teatro Colón “Os Fabulosos Cleaners”, un espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos.

“Os Fabulosos Cleaners” é unha fantástica experiencia visual na que poderá participar toda a familia, creada pola compañía Malasombra Producións coa dirección técnica do autor alacantino Luis Beviá, quen percorreu medio mundo co seu universo xabonoso.

O Colón acollerá a dous operarios de limpeza do propio teatro, interpretados por Xoque Carbajal e Jouse García, que descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo, combinadas con auga e xabón.

A partires desta situación, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas, que sorprenderán ao público coa variedade das súas creacións; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes dous personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Malasombra Producións, creada por Xoque Carbajal, leva máis dunha década xerando cultura e ilusión, utilizando a comedia como un medio de comunicación co público, e non só como un fin, propoñendo o humor como un relaxante dos sentidos que fai de vehículo para transportar historias. Son autores de comedias como “Non é tan fácil”, “Go-on”, “D.E.P.” ou do musical “Os Rockenstein”.

As entradas para este espectáculo pódense mercar en ataquilla.comou na billeteira do Teatro Colón. Os horarios de apertura están dispoñibles en www.teatrocolon.es/entradas

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...