Home » Uncategorised » Currently Reading:

O espectáculo está protagonizado polos coñecidos actores Xúlio Abojo e Isabel Risco. Está dirixido por Alex Sampayo sobre un texto do arxentino Javier Daulte.

abril 11, 2018 Uncategorised No Comments

Os próximos sábado 14 e domingo 15 de abril, o Teatro Colón da Coruña acollerá, a partir das 20:00 h, a estrea absoluta de “Estás Aí?”, o novo espectáculo da compañía Redrum Teatro protagonizado por Xúlio Abonjo e Isabel Risco baixo a dirección de Alex Sampayo.

“Estas Aí?” éunha divertida comedia que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento habitado por un personaxe invisible que lles fará desesperarse coas súas trasnadas. Mentres están a superar a sorpresa e buscan a forma de convivir co inesperado convidado, un feito casual failles cuestionar o seu amor e a forma na que se están relacionando. Durante o proceso descubrirán que, ás veces, as cousas non son o que parecen e que a forma na que nos comunicamos pode construír barreiras ou destruílas. 

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como “El Internado” ou “Padre Casares”ou a multipremiada longametraxe “Schimbare” protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Trátase da novena produción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión”, protagonizada por RosaÁlvarez; os espectáculosfamiliaresMoito Conto”, “Roedores” e“A Nena Que Quería Navegar”; as comedias “Curriculum Vitae”, “Amor Flexible” e “Noiteboa” ou a máis recente “A Canción do Elefante”con Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...