Home » coruna » Currently Reading:

O Festival de Artes pola Inclusión Cultural ‘Festi=’ achega a danza este xoves a todos os públicos con ‘Experimentadanza’

noviembre 22, 2017 coruna No Comments

O Concello da Coruña avanza no seu compromiso de favorecer a inclusión e a accesibilidade das persoas con diversidade funcional, sensorial ou cognitiva na vida cultural e artística da cidade. Este xoves 23 terá lugar a terceira das accións que forman parte da programación expandida do FESTI= Festival de Artes pola Inclusión Cultural , a iniciativa posta en marcha polo goberno local e a Fundación Emalcsa co obxectivo de visibilizar, nos últimos meses do presente exercicio, as propostas que formaron parte da primeira convocatoria do programa Cultura Accesible e Inclusiva . Así, este xoves, a Asociación Cultural para a Integración Social Diversos, presentará Cerebro-Artes-Acción de Experimentadanza , unha intervención artística aberta a todos os públicos e que comezará ás 20.00 horas no hall do edificio da Casa da Auga.

A entidade Diversos é unha asociación conformada por un grupo de persoas adicadas a artes escénicas como a música, a danza ou o teatro, e que participa na convocatoria Cultura Accesible a través do proxecto Torre de Babel, que se presentará o día grande do FESTI=, 3 de decembro, no Centro Ágora. Nesa mesma xornada, que comezará ás 12.00 na praza de María Pita cun acto protagonizado polas entidades sociais vinculadas ás diversidades da cidade e da área metropolitana, celebrarase no equipamento da Agra un xantar aberto á veciñanza. Durante a tarde, haberá actuacións de Demusicade ou Tres por Cuatro, ademais da presentación da montaxe dos obradoiros ensaiados nos días previos de La Quinta del Arte, a proxección de Un día de Cine , de Proxecto Máscaras, ou o taller Un museo en movemento , da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes. Acompañando aos proxectos da convocatoria Cultura Accesible, o narrador oral Caxoto e a cantante Guadi Galego tamén participarán con sellas actuacións no Ágora. Finalmente, a última parada do FESTI= terá lugar o 14 de decembro, cando La Quinta del Arte estree a montaxe La gran boda no T eatro Rosalía de Castro ás 18:30 horas.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...