Home » coruna » Currently Reading:

O Goberno local avanza no desenvolvemento das medidas dirixidas á prevención de lumes e lembra que o prazo máximo para proceder á limpeza de fincas remata o 30 de xuño

Junio 12, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Medio Ambiente, dentro do desenvolvemento das diferentes medidas dirixidas á prevención de lumes durante o verán, trasladou ás propietarias e aos propietarios de parcelas que se atopan no termo municipal o requirimento para que procedan á limpeza e desbroce das fincas. A iniciativa ten como obxectivo evitar o risco de lume naquelas parcelas que precisan limpeza e sobre as que o Concello non pode actuar por non seren da súa competencia. A área que dirixe María García desenvolve desde o pasado mes de abril un plan de prevención de lumes en terreos que no son de titularidade municipal a través dun proceso de inspección das parcelas para verificar o estado de cada unha delas, e de catalogación daquelas que precisan cortar a maleza. Neste proceso, os servizos técnicos do Concello detectaron preto de 370 terreos repartidos por toda a cidade, e que ocupan unha superficie aproximada de 1.224.489 metros cadrados, que requirían da aplicación de medidas preventivas para evitar o risco de lume, polo que enviaron ás propietarias e propietarios das fincas que non se atopaban nun estado óptimo de conservación os correspondentes requirimentos para que procedesen ao corte da maleza antes do 30 de xuño, data límite para a execución dos traballos.

A partir desta data, o servizo de Inspección Ambiental realizará unha nova visita ás 370 parcelas que non son de titularidade municipal para comprobar o seu estado. No caso de incumprimento da orde de execución dos traballos de limpeza antes do 30 de xuño –e despois de ter notificado a cada unha das persoas responsables a necesidade de proceder a realizar estes traballo para evitar situacións de perigo para a veciñanza–, a inactividade poderá traer consigo sancións por valor dun mínimo de 1.000 euros.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...