Home » coruna » Currently Reading:

O Goberno local dará luz verde a un novo contrato do servizo de axuda a domicilio que supón 5.628 horas máis de atención ao mes e que beneficia a 112 veciños e veciñas

Junio 16, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, levará á Xunta de Goberno local que se celebrará este venres a adxudicación dun novo contrato de Servizo de Atención a Domicilio (SAD IV) que suporá un aumento de 5.628 horas ao mes de atención á veciñanza en situación de dependencia. Segundo destacou a responsable municipal “este novo contrato servirá para dar cobertura a 112 veciños e veciñas máis da cidade”. En conxunto, os programas municipais en vigor de axuda a domicilio dan servizo a 1.164 persoas. As solicitantes que poden acollerse a este servizo municipal serán tanto as que teñen un grado de dependencia recoñecida polo Goberno autonómico (usuarias do denominado servizo de SAD Dependencia), como as que non o teñen recoñecido (SAD básico). O servizo que vén de adxudicarse mediante concurso ten unha vixencia de dous anos prorrogables por dous máis e un orzamento que supera o millón de euros.

“Mentres que os executivos do PP levan anos recortando en materia de dependencia en distintas institucións, dende o Goberno municipal da Coruña estamos dando cumprimento a un dos nosos principais compromisos programáticos, que pasa por incrementar a cobertura no Servizo de Axuda do Fogar”, destacou a titular de Xustiza Social. “Aplicamos un incremento do investimento dun millón de euros anuais máis, que permitirán maior atención ás persoas en situación de dependencia, así como outorgarán un maior respiro a aquelas persoas que se encargan diariamente do seu coidado, principalmente mulleres”, explicou.

“Para nós é fundamental ampliar e garantir os servizos que teñen que ver co coidado daquela parte da veciñanza que se atopa nunha situación de maior vulnerabilidade”, comentou Cameán, quen indicou que, do mesmo xeito, “tamén é preciso, e así o estamos a facer, garantir que as persoas que desenvolven un servizo tan importante o estean a facer con seguridade laboral”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...