Home » coruna » Currently Reading:

O goberno local leva a Pleno unha moción en apoio ás traballadoras de xinecoloxía de garda do Materno, “para que este servizo conte cos recursos necesarios de atención á cidadanía”

diciembre 4, 2017 coruna No Comments

O grupo de goberno local levará a sesión plenaria ordinaria do Concello da Coruña deste luns unha moción en apoio ás traballadoras e traballadores do servizo de obstetricia e xinecoloxía do Hospital Materno Infantil, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), que realizan o servizo de gardas. A iniciativa trata de conseguir o apoio da Cámara municipal para instar á Xunta de Galicia, como institución con competencias, a “dotar a este servizo dos recursos necesarios para atender á poboación”, especialmente no servizo de gardas, no que o persoal reclama unha terceira facultativa especialista. AconcelleiradeXustizaSocialeCoidados,SilviaCameán,salientaqueestamoción “tamén quere, unha vez máis, deixar patente o apoio do Concello aos e ás traballadoras da sanidade pública que teñen que facer fronte ás políticas de recortes que está levando a cabo o executivo autonómico e o estatal”. A iniciativa plenaria tamén solicita á Xunta de Galicia que reciba ás traballadoras deste servizo sanitario de cara a poder dar unha resposta directa ás súas demandas.

“En marzo deste ano, as xinecólogas que realizan gardas no hospital Materno Infantil xa enviaron unha misiva a autoridade competente, neste caso á xefatura de servizo e á xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña, onde deixaron patentes as carencias asistenciais coas que conta o servizo de obstetricia e xinecoloxía, que conta só con dúas facultativas de garda e unha residente, sen filtro de urxencias, como acontece noutros hospitais, e coa necesidade engadida de atender ás demandas que se poidan producir no CHUAC durante as gardas”, comentou a concelleira. “Esta situación non só xera unha importante desigualdade con respecto a outros servizos, senón que pode incorrer en demoras nas asistencias que se poden traducir nun aumento do risco de erros”, dixo.

“O pasado mes de outubro, e dado que a demanda das traballadoras seguía sen solución, remitimos dende a Concellería de Xustiza Social un escrito ao conselleiro de Sanidade onde lle manifestamos a nosa profunda preocupación, así como solicitamos unha entrevista para poder abordar o caso, petición que aínda non obtivo resposta”, expuxo a concelleira. “Non podemos tolerar que a Xunta de Galicia, a través do Sergas, manteña unha situación coma esta, que pon en risco á veciñanza da Coruña”, indicou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...