Home » coruna » Currently Reading:

O Goberno local presenta a segunda edición de ‘Coruña en Forma’, o programa de actividades deportivas gratuítas “abertas a toda a cidadanía”, que se celebrará en 10 espazos da cidade nos meses de verán

junio 16, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a segunda edición do programa Coruña en Forma, unha proposta posta en marcha polo Goberno local o pasado verán e que ten como obxectivo favorecer e fomentar, entre a cidadanía de todas as idades, a práctica deportiva como hábito de vida saudable. O programa, que se desenvolverá a partir do entre os meses de xullo e agosto, “dá continuidade á actividade que se realiza desde as Escolas Deportivas Municipais ou Xogos Escolares durante todo o curso en espazos deportivos non convencionais, “o que enlaza coa idea do Goberno local de poñer en valor o espazo urbano para mellorar tamén a calidade de vida da veciñanza e de conquista por parte da veciñanza do espazo público, neste caso, para o desenvolvemento da práctica deportiva”, sinalou o edil. “Estamos a falar dun proxecto de saúde, de contribución cidadá, gratuíta, sen límite de idade e sen inscricións, o que cobre, desde o ano pasado, aqueles veráns baleiros de actividade deportiva de carácter non competitivo aberta á veciñanza”, destacou Sande.

Coruña en Forma está encamiñada a fomentar durante os meses de verán, desde o 3 de xullo e até o 29 de setembro, a práctica do exercicio físico a través dun circuíto de 10 espazos públicos abertos repartidos por toda a cidade, como son o miradoiro do Matadoiro, a praia de Riazor e de Oza, os parques de Santa Margarida, Oza, Europa e San Diego, a praza Elíptica, Luis Díaz González e a Sagrada Familia. “O proxecto incide na perspectiva deste executivo de ter en conta as distintas realidades e diversidades nos barrios da cidade, así como na descentralización da propia actividade”, explicou o responsable municipal.

O programa que promove a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento estrutúrase en tres bloques, o primeiro dos cales inclúe as actividades dirixidas con monitoras e monitores, que se celebrarán de luns a venres –en diferentes horarios de mañá e tarde– en Riazor, Oza, a zona do Matadoiro e o Parque Europa, e que inclúen tai chi, aerobic, ximnasia aeróbica e pilates. O circuíto chegará tamén aos parques biosaudables de Santa Margarita, parque de Oza, San Diego, a Sagrada Familia, praza Elíptica e Luís Díaz González, que terán dinamización de luns a venres –agás os mércores– en horario de 10.00 a 11.00 horas. Por último, o programa terá continuidade durante a fin de semana a través doutras actividades, como rutas en patíns, andainas ou canicross — nomeada ’Divírtete co teu can’–, cuxo horario e programación poderán consultarse na web municipal www.coruna.gal/deportes

O concelleiro lembrou na presentación que este programa municipal desenvólvese coa colaboración de Horno Sanbrandán. A este respecto, o seu coordinador de tendas, Borja Muñoz, a, subliñou a “importancia do deporte como hábito saudable para a sociedade”, e sinalou que a entidade participará como soporte de comunicación do proxecto e cun programa de puntos con premios para as persoas que participen nas actividades.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...