Home » coruna » Currently Reading:

O goberno local presenta as ‘Guías de Ciencia Cidadá’, unha proposta educativa “para afondar no coñecemento dos bens comúns e o dereito da veciñanza sobre os mesmos”

enero 25, 2018 coruna No Comments

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, presentou as Guías de Ciencia Cidadá, un proxecto de innovación social que ten por obxectivo achegar coñecemento e información sobre os bens comúns á cidadanía en xeral, “pero nomeadamente á xente moza. “Son documentos prácticos e sinxelos que están especialmente dirixidos á xente moza e que teñen como finalidade afondar no coñecemento e na información sobre os bens comúns, aqueles recursos de calquera persoa que non son de propiedade exclusiva de ninguén, pois toda a cidadanía ten dereito sobre eles”, expuxo a edil. Así, o proxecto aborda temas como a paz, a mobilidade urbana, os bosques, as pesqueiras, a paisaxe, as infraestruturas, a costa, o barrio e o aire, co obxectivo de seren traballados por mozas e mozos de entre 12 e 16 anos nas aulas e noutros espazos de formación, xunto ao seu profesorado, familias ou colectivos de aprendizaxe. “O goberno municipal da Coruña ten unha preocupación constante desde o primeiro día por facer políticas transversais para a xente moza e colocala no centro das súas políticas públicas”, explicou Delso. “Agora abrimos unha nova liña de traballo poñendo á disposición das persoas educadoras e familias estes recursos, pero a idea é desenvolver e organizar ao longo deste ano distintos talleres específicos vinculados ás guias da man dos Museos Científicos Coruñeses”, aseverou a titular da área de Participación e Innovación Democrática.

A proposta, apoiada polo Concello da Coruña a través do Laboratorio Cidadán Co-Lab, do Medialab-Prado de Madrid, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, forma parte do proxecto Reclamar e está coordinada por Antonio Lafuente, investigador do CSIC e Director do Laboratorio do Procomún de Medialab-Prado, quen acompañou á concelleira na rolda de prensa, e quen salientou a oportunidade que supón “favorecer e fomentar o coñecemento experiencial”. “Con este proxecto estamos á convidar á cidadanía a reflexionar e dar con solucións a diversas cuestións comúns a través da produción de coñecemento novo derivado da experiencia”, apuntou o investigador.

As Guías de Ciencia Cidadá, que xa están dispoñibles en formato dixital para consulta e descarga no espazo web http://laaventuradeaprender.educalab.es/guias/ciencia-ciudadana , presentaranse publicamente esta tarde na Domus, no marco dunhas Xornadas de Ciencia Cidadá que terán lugar desde as 18.00 horas. Será un encontro aberto á veciñanza no que se afondará nunha maior información e divulgación sobre os bens comúns, e na que se abordará o contido específico de dúas das guías — As pesqueiras e A Costa- – coa presenza dos seus autores, Duarte Vidal, Manuel Borobio e Francisco Castillo. Tal e como lembrou Lafuente, as guías están rexistradas baixo licencia Creative Commons, “polo que se poden difundir e compartir, unicamente citando a autoría das mesmas e o apoio brindado polas institucións públicas que as editan”.

Comment on this Article:







*

A %d blogueros les gusta esto: