Home » coruna » Currently Reading:

O goberno local presenta o novo espazo web EidusCoruña, “unha ferramenta para achegar á cidadanía de xeito lexible, didáctico e próximo unha estratexia que servirá para mellorar a calidade urbana”

marzo 2, 2018 coruna No Comments

A Xunta de goberno local deu o visto e prace aos distintos documentos que garantirán a implantación na cidade da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible (EIDUS), un proxecto que aposta pola proximidade como valor urbano, e que permitirá abordar melloras e actuacións no espazo público, no eido da mobilidade sostible o na loita contra a desigualdede por valor de máis de 15 millóns de euros, cofinanciados mediante o programa europeo de Crecemento Sostible Feder 2014-2020. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Vivenda, Xiao Varela, deu conta dos manuais e actuacións aprobadas, entre as que se atopan o novo espazo web municipal http://www.coruna.gal/eidus/gl, que inclúe toda a información sobre a estratexia, plans e documentación “que permitirá facer un seguimento da execución da DUSI”. “Estamos a falar dunha ferramenta moi completa, que reflicte toda unha serie de medidas dirixidas a mellorar a calidade urbana, e que se entende desde dous planos distintos. Por unha banda, traslada toda a documentación e procedementos da Estratexia para que esta sexa máis lexible, didáctica e próxima á cidadanía, pero que se converterá, ademais, nunha ferramenta de traballo interno e de seguemento, desde un punto de vista técnico, para afondar na execución das accións do proxecto”, especificou o edil.

A nova páxina web municipal, tal e como apuntou o concelleiro, cumpre con criteiros e indicacións establecidas nas xuntanzas da Rede GRECO-AGE, o grupo responsable de comunicación da Autoridade de Xestión FEDER no Estado. Entre outras cuestións, a cidadanía poderá consultar toda a información relativa á Estratexia DUSI da Coruña, o que inclúe o acceso á máis dun cento de documentos de referencia, “o que supón un repositorio de información moi útil para á cidadanía”, apuntou Varela, así como o propio Manual de Procedementos ou resumo executivo de EidusCoruña. O web tamén conta cun visor de obras, que estará operativo no momento no que se inicien as actuacións vinculadas ao proxecto, “e que será moi interesante de cara á veciñanza, xa que mostrará as obras e actuacións executadas desde o Concello dentro da estratexia así como as relacionadas coa mesma”, exoresou o titular da área de Rexeneración Urbana.

Dentro do menú principal de navegación, “que contén o groso do web, que está dividido en sete bloques”, segundo afirmou o edil, a veciñanza poderá consultar as distintas operacións que se executen, “de xeito que poida coñecer, paso a paso, como a compra de bicicletas eléctricas para mellorar o servizo de BiciCoruña”. Tamén conta con indicadores e resultados da estratexia en termos de produtividade, resultado ou comunicación; ademais de certificacións e informes de gastos, ingresos e execución anual. Noutro dos apartados estará dispoñible o Manual de Comunicación e Imaxe, así como o Plan de Comunicación; información relativa á participación, “plano moi relevante dentro da estratexia”, ou á contratación, “no que se dará conta de todos os pasos que teñan que ver con este servizo”, aseverou Varela, quen engadiu que outra das melloras vinculadas a este espazo web “será que toda a tramitación do EIDUS realizarase de forma electrónica”. “É un procedemento exemplar no que estamos a avanzar tamén no Concello. A xestión electrónica da tramitación da Estratexia é un feito positivo, e un camiño cara ao que debe avanzar toda administración”, dixo.

Documentación de EidusCoruña

O concelleiro tamén deu conta dos documentos aprobados pola Xunta de goberno local en relación a EidusCoruña, entre os que se inclúen o Manuel de Procedementos, o documento que tratará de garantir o cumprimento das funcións atribuídas ao Concello polo Ministerio. “Trátase do manual que da as pautas para os procedementos de execucións das axudas, e que contén, por exemplo, cuestións vinculadas á estrutura, organización e funcionamento do Concello respecto á execución da DUSI”, explicou Varela. O órgano municipal tamén deu o visto e prace ao Plan de Execución do proxecto EidusCoruña, o documento de guía informativo da execución do programa, “que é unha derivación do cadro de mandos que identifica as distintas liñas de actuación e os seus orzamentos”, segundo expuxo o edil, e igualmente á Convocatoria de Expresións de Interese, “que se asemella á formalización dunha convocatoria de subvencións interna, dirixida ás areas municipais de xestión”; o Plan de Aseguramento da Calidade do Concello para as actuacións cofinanciadas polo FEDER, que ten por obxecto definir os controis establecidos para garantir a correcta aplicación do Manual de Procedementos; o Manual de Comunicación e Imaxe, así como o Plan de Comunicación, e á Solicitude de Anticipo de Prefinanciamento Inicial, “que ascende a 493.000 euros que adiantará o ministerio e que foi solicitada contra o final do ano pasado e que, esperamos, ingrese neste primeiro cuadrimestre”.

Comment on this Article:







*